viernes, 12 de diciembre de 2008

O PLENO DE PONTEDEUME APROBA OS ORZAMENTOS PARA O 2009, QUE SUPERAN OS OITO MILLÓNS DE EUROS

· O alcalde, Gabriel Torrente calificou as contas do 2009 como “históricas” e destacou o equilibrio orzamentario como signo de rigor da xestión económica do concello

· En 2009, o concello de Pontedeume destinará 22 de cada 100 euros a investimentos

O Pleno do Concello de Pontedeume aprobou esta tarde os orzamentos do Concello para o ano 2009 que ascenden a 8.061.272,19 euros. O proxecto de orzamentos contou cos votos favorables do PP, e a abstención dos grupos do PSOE, COE e Independentes, e o voto en contra dos dous edís do BNG e outro independente.

Dende o grupo de gobierno se calificaron as contas como rigurosas, dende o punto de vista do saneamento financieiro, así como dende o punto de vista da modernización da xestión municipal. Dende o gobierno local explicouse que o proxecto de orzamentos xurde da negociación cos grupos políticos da Corporación. Dende o gobierno local calificáronse os orzamentos como realistas.

As contas do 2009 caracterizanse polo compromiso coa política social, outorgando preponderancia a políticas de integración social, de fomento do ensino e do asociacionismo, de loita contra o desemprego, de modernización administrativa, de defensa do medio natural, e de potenciación dos sectores turísticos e empresarial. O voceiro do gobierno local, Eugenio Otero explicou que a área que máis medra no que a orzamento se refire é a de asuntos sociais, e lembrou medidas de austeridade deste orzamento como a conxelación dos salarios dos membros da corporación, así como a conxelación dos gastos de atencións protocolarias. Otero explicou que “frente a outros concellos veciños que se consideran progresistas, en Pontedeume, obtamos por non contratar persoal de confianza, para evitar aumentar o gasto do concello”, explicou.

Dende o gobierno local salientouse a negociación dos orzamentos cos grupos da oposición, lembrando que para elo se celebraron tres reunións da Xunta de portavoces e unha comisión informativa de Facenda.

OS GASTOS
Segundo explicou o Concelleiro de Facenda, Eugenio Otero, o capítulo de persoal absorvera o 33,5% do total dos gastos, com 2.702.442 euros. O concello destinará o 37% do orzamento a gastos correntes e servicios, destinando um total de 2.983.535 euros. O capitulo 3, destinado a gastos financieiros ascende a 20.300 euros, um 0,25% do orzamento de gastos, correspondentes aos intereses das operacións de prestamos a longo prazo pendentes de amortización e da que se poida concertar neste exercício. O capítulo 4, de transferencias correntes ascende a 275.082 euros, que representa o 3,41% do total. O capítulo 6, relativo a investimentos reais ascende a 1.809.034 euros, que representa o 22,44% do total, é dicir, no 2009, o Concello destinará a investimentos 22 de cada 100 euros de gasto.

O Capítulo 8, relativo a activos financieiros, consumirá 12.020 euros, é dicir, o 0,14%, mentres que o capítulo 9, de pasivos financieiros, acada o 3,21% do gasto total, cunha partida de 258.856 euros, en concepto de devolución de prestamos concertados segundo os cadros de amortización previstos para o ano 2009.

No que se refire ó reparto dos investimentos, o gobierno local salientou que os orzamerntos contemplan inversións en todas as parroquias, con importantes actuacions no que se refire ó saneamento e a actuacións importantes para poñer a andar o Polígono de Vidreiro. Otero explicou que os orzamentos permitirán eliminar os verquidos á ría, e problemas crónicos como as inundacións da Avenida Ricardo Sánchez.


OS INGRESOS

Na previsión de ingresos, o concello agarda recadar en 2009 1,7 millóns de euros por impostos indirectos (IBI, IAE e IVTM), é dicir, o 21, 20% do presuposto. As previsións de ingresos sinalan que o concello recade en 2009, 587.915 euros un 7,29% do total en impostos indirectos, como o ICIO, e outros 1,7 millóns por tasas. Em transferencias correntes, o orzamento recolle unha partida de 2,55 millóns de euros proviñentes doutras administración como o Estado, a Xunta ou a Deputación.

jueves, 11 de diciembre de 2008

FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL I

O BOE de data 02.12.08 publicou o Real Decreto que aproba a creación de 2 Fondos, o Fondo Estatal de Inversión Local dotado con 8.000 Millóns de € e o Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía dotado con 3.000 Millóns de €. ( ámbolos dous fondos financiados con Deuda Pública ).Zapatero presentou o Plan, cando aínda no estaba ultimada a súa redacción, de xeito que tras o anuncio de ZP o equipo técnico encargado da súa elaboración estivo traballando a marchas forzadas, mesmo no fin de semana, para que poudese ser publicado o martes.

A medida foi propagandística e electoralísta, confeccionada ás costas dos concellos que se enteraron do Plan pola prensa. Logo de anuncialo aos medios, ZP tivo que recibir a FEMP para explicárllelo contido.

Onte, o PSdeG-PSOE, tras unha reunión con alcaldes e responsables municipais socialistas anunciaba, que o fondo suporía para Galicia uns 774 millóns de € e a creación de 20.000 novos postos de traballo, e que por iso, se poría en funcionamento un Gabinete de información e asesoramento a alcaldes.

Esta mesma mañana, o Vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco convocó en Ferraz, a alcaldes/esas socialistas de máis de 50.000 habitantes, presidentes e voceiros de Deputacións, Consellos e Cabildos Insulares e presidentes de federacións territoriais de municipios a unha reunión informativa do que deu en chamar “ Plan Zapatero ”.
Despois de que Blanco “ arengara ” ás tropas e as responsabilizara do resultado do Plan, os alí presentes asinaron unha DECLARACIÓN, na que os 200 representantes do PSOE calificaban o Plan como “ hito histórico sen precedentes ”, e amosaban o “ máis profundo rexeitamento ao boicot ”, din, “ organizado por Mariano Rajoy ”. Termina a declaración cun chamamento aos “ colegas do PP para que desenvolvan as previsións do Plan ”. ( parece que mesmo o PSOE ten dúbidas de que se poda implementar correctamente o Plan, e por eso Blanco pide aos “ seus ” que o instrumenten con celeridade e eficacia ).

O Presidente Mariano Rajoy, mantivo onte unha reunión con alcaldes/esas, onde expuso que aos concellos primeiro se lles quitan cartos na Participación dos Ingresos do Estado dos PGE 2009, e agora se poñen enriba da mesa a través deste Plan. Se evidencia unha vez máis que falla a planificación e a coordinación do goberno. De todos xeitos, perdéndose unha media de 200.000 postos de traballo cada mes, non parece moi ambicioso un plan que ten previsto crear 300.000.

O Presidente da FEMP, califica o Plan de “ gran oportunidade ”, ao mesmo tempo que se felicita porque as propostas da FEMP foran incorporadas.

Ø As medidas son insuficientes, son un parche para o 2009, e logo non sabemos qué pasará.

Ø É un plan puntual, que non aborda nin soluciona o grave problema estructural que padecen os concellos, ao non terse producido un cambio no modelo de financiación local. Os cartos son só para inversións, non para gasto corrente, é ¿ … quén pagará os novos gastos correntes que xeneren as inversións feitas… ?

Ø Os gastos correntes dos concellos sí poderían atenderse coa Participación nos Ingresos do Estado, que baixou moitísimo, e que para Galicia vai supoñer unha perda anual de 55 millóns de €.

Ø Non recolle as propostas que a FEMP presentou por unanimidade aos PGE 2009.

Ø Perxudica enormemente a Concellos pequenos, pola súa dificultade de presentar no curto prazo establecido proxectos que poidan resultar beneficiarios de axudas. Os concellos pequenos terán moitas dificultades técnicas.

Ø O criterio de reparto é basado únicamente nas cifras de poboación, polo que Galicia sae perxudicada ao non terse en conta criterios fundamentais como envellecemento ou dispersión de poboación. ( Padrón Municipal referido a 1 xaneiro 2007 ). A Xunta bipartita se comprometeu a que o cómputo destes criterios ía ser un obxectivo irrenunciable.

Ø Será interesante facer un seguimento de qué concellos se incorporaron, cantos dos 8.000 Millóns de € se repartiron, etc. En definitiva, avaluar o plan segundo o seu funcionamento na práctica, non no papel. A implementación do Plan semella ser difícil, e probablemente o Goberno xa conta con que unha parte moi importante destes cartos finalmente non se executará.

FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL II

OBRAS FINANCIABLES

1. As de adecuación, rehabilitación ou mellora de contornos ou espazos públicos urbanos, así como de promoción industrial.

2. Os equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento, alumeado e telecomunicacións.

3. As de construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios e equipamentos sociais, sanitarios, funerarios, educativos, culturais e deportivos.

4. As dirixidas á protección do medio ambiente e a prevención da contaminación, as de xestión de residuos urbanos, así como as orientadas a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética.

5. As de supresión de barreiras arquitectónicas.

6. As de conservación do patrimonio municipal e protección e conservación do patrimonio histórico do municipio.

7. As de construción, adecuación, rehabilitación ou mellora da rede de abastecemento de auga potábel a domicilio e tratamento de augas residuais.

8. As dirixidas a promover a mobilidade urbana sustentable e as encamiñadas a mellorar a seguridade vial.

9. As de prevención de incendios.

10. As destinadas á promoción do turismo.

2. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS, DOS CONTRATOS E DA LICITACIÓN:

1. As obras obxecto dos contratos deben ser de nova planificación e de execución inmediata:· Obras de nova planificación: aquelas cuxa execución non estea prevista no orzamento da entidade para o ano 2009.
· Obras de execución inmediata: aquelas cuxa licitación comece antes de que transcorra un mes desde a publicación na páxina web do Ministerio de Administracións Públicas (www.map.es) da resolución de autorización para o seu financiamento polo Fondo. No caso de que a tramitación aplicable sexa a correspondente aos contratos menores, a adxudicación debe producirse dentro de igual prazo.
· ¿Se pode incluír algunha obra non executada de anos anteriores? Entendemos que si. A literalidade da norma fala do Orzamento de 2009 exclusivamente.

2. Os contratos deben ter un valor estimado inferior a 5.000.000 €, non podendo fraccionarse o seu obxecto co fin de non superar esta cantidade.

3. A licitación das obras realizarase por calqueira dos procedementos previstos na Lei de Contratos do Sector Público, aberto, restrinxido ou negociado, con ou sen publicidade, ou serán tramitadas como contrato menor.


3. PROCEDEMENTO

1. Presentación de Solicitude
Lugar de Presentación: Páxina Web Map
Prazo: Do 10 de decembro ao 24 de xaneiro
Dirixido a: Subdelegacións do Goberno

2. ¿Qué documentación haberá de levar a solicitude?
a) Modelo oficial de solicitude que se publicará nos vindeiros días.
b) Memoria explicativa do proxecto de inversión na que se especifique:
- Contido do proxecto
- Orzamento do proxecto de inversión e prazo de adxudicación previsto.
- Previsión de persoas a ocupar na execución do proxecto.
- Certificación de ser unha obra non prevista no orzamento para o ano 2009.

c) Acordo do Pleno ou da Xunta de Goberno do Concello, segundo proceda, no que se aproba o proxecto.

4. Resolución das solicitudes:

- Farano as Subdelegacións do Goberno, no prazo máximo de dez días dende a súa presentación,
- No prazo máximo de dez días seguintes, o Secretario de Estado de Cooperación Territorial ditará a resolución de autorización para o financiamento dos proxectos e ordenará a súa publicación na páxina web do Ministerio de Administracións Públicas.

5. Adxudicación de obra e Pagamento:

A. ¿Pódense executar as obras por administración?
Non. Só se pode utilizar con carácter excepcional mediante autorización do MAP, e para Concellos inferiores a 200 habitantes (o que non é o caso de Galicia.
B. Pagamento:
a. Para cobrar o 70% inicial:

Certificado do Secretario do Concello coa conformidade do Alcalde, no que se fagan constar os datos da adxudicación:
- Data na que esta se produciu
- Identidade da empresa adxudicataria
- Importe polo que se adxudica o contrato
- Número de persoas a ocupar polas empresas adxudicatarias
- Acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Este certificado será presentado vía electrónica na páxina web do MAP.
b. Para o cobro do 30% final:
Tamén se realizará a través da páxina do MAP: www.map.es,

PRAZOS
· Os Concellos deberán acreditar a realización dos investimentos e a finalización das obras durante o primeiro trimestre de 2010.
· Existe a posibilidade de prórroga de seis meses por incidencias non imputables á administración: Neste caso, a xustificación deberá presentarse dentro do mes seguinte á conclusión da citada prórroga.
· Documentación a achegar:
- Memoria de actuación acreditativa dos postos de traballo creados, con identificación dos traballadores contratados.
- Relación das certificacións de obra con:
§ Identificación do acredor e das facturas,
§ Importe
§ Porcentaxe financiado con recursos procedentes do Fondo,
§ Data de emisión, así como o acta de recepción,
§ Certificación final de obra.
- A xustificación será independente por cada unha das obras financiadas con cargo ao Fondo.


OUTRAS CUESTIÓNS REFERIDAS A CONTRATACIÓN A
REALIZAR POLOS CONCELLOS


1. Adxudicación provisional contratos: prazo máximo de 20 días naturais, contados desde que finalice o prazo de presentación de proposicións no caso de que para a adxudicación se séguese un procedemento aberto, restrinxido ou negociado con publicidade, e desde que se soliciten ofertas se o procedemento é negociado sen publicidade.

2. O prazo para elevar a definitiva a adxudicación provisional será de 5 días hábiles.

3. Nos contratos deberá asegurarse, mediante cláusula de condición especial de execución, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego.

4. Os Concellos tomarán en consideración, como criterios de adxudicación para a valoración das ofertas, indicadores relevantes da medida en que o contrato de obra contribuirá ao fomento do emprego.

5. Resolución da autorización do financiamento do proxecto: servirá de acreditación a da existencia e dispoñibilidade de creto para a execución das obras previstas.

6. Os concellos terán a obriga de abonar aos contratistas o prezo das obras dentro dos trinta días naturais seguintes á data de expedición das certificacións de obra ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización parcial ou total do contrato.

7. Os contratistas deberán aboar aos subcontratistas o prezo pactado polas prestacións cuxa realización encoméndenlles no prazo máximo de trinta días naturais, computado desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador.

8. ¿Necesitan os Contratistas clasificación?
Non nos contratos de obras de valor inferior a 350.000€.

CAUSAS DE REINTEGROS:

1. A falla de xustificación, parcial ou total, de aplicación dos recursos recibidos
2. Aquelas partidas nas que se poña de manifesto que os recursos do Fondo non se aplicaron aos fins para os que foron entregados ou que se han incumprido as condicións establecidas no real Decreto-lei.
3. A falla de colaboración que imposibilite a comprobación e o control de efectiva da aplicación dos recursos do Fondo, dará lugar a reintegro total da aportación recibida pola correspondente Entidade Local.

FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL III

OUTRAS CUESTIONS DE INTERESE:

1. ¿QUÉ SE ENTENDE POR “ DESEMPREGO ”?

A definición ven clarexada na disposición adicional segunda: Situación legal de desemprego.
1. Para os efectos do previsto nos artigos 5.2.b).3,
9.2 e 9.3 do presente Real Decreto-lei, só computaranse os contratos realizados ou por realizar con persoas que se atopen en situación legal de desemprego conforme ao previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social.

2. A contratación de desempregados a que se refire o presente Real Decreto-lei deberá facerse, preferentemente, a través dos Servizos públicos de emprego.

2. ¿PODEN AS AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS OU AS MANCOMUNIDADES PRESENTAR PROXECTOS?

Si. O modo ven explicitado na Disposición adicional terceira. Agrupacións de Municipios.
1. As mancomunidades de municipios reguladas no artigo 44 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, poderán presentar proxectos de financiación ata o importe máximo da suma das cantidades que, segundo o artigo 5.1, corresponde a cada un dos Concellos que as integran sempre que non superen o límite establecido no artigo 3.1.c).
A efectos de non superar o importe máximo indicado, as mancomunidades de municipios identificarán no momento da presentación da solicitude o custo do proxecto de cada un dos Concellos integrados na mancomunidade.
A presentación das solicitudes realizarase de acordo co previsto no artigo 5.2, substituíndo o Acordo do Concello polo acordo do órgano de goberno a quen competa a aprobación do proxecto segundo os Estatutos propios da Mancomunidade.
2. Nos mesmos termos que as Mancomunidades, as agrupacións de dous ou máis municipios constituídas para o desenvolvemento e a execución das obras contempladas neste Real Decreto-lei poderán presentar, proxectos de financiamento ata o importe máximo da suma das cantidades que corresponde a cada un dos Concellos que as integran.
A estes efectos, a solicitude será presentada por un dos Concellos e, co fin de non superar o importe máximo contemplado, identificarase no momento da presentación da solicitude o custo do proxecto de cada un dos Concellos integrados na agrupación.
A presentación das solicitudes incluirá os acordos de todos os Concellos participantes, conforme ao previsto no artigo 5.2. Ao Concello responsable da presentación da solicitude corresponderalle o cumprimento dos requisitos sobre adxudicación e xustificación das obras segundo o disposto neste Real Decreto-lei.

martes, 9 de diciembre de 2008

jueves, 4 de diciembre de 2008

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Unete al DERECHO A VIVIR

RENFE E PONTEDEUME

Renfe suprime la parada en Pontedeume del tren nocturno que une Ferrol con Madrid.

Juncal afirma que la medida obligará a todos los usuarios del convoy nocturno a desplazarse hasta Ferrol

El PP pedirá la comparecencia urgente del Presidente de Renfe en la Comisión de Fomento del Congreso


Horarios Nuevos Tren Hotel Ferrol-madrid

O ALCALDE DE PONTEDEUME ENTREVISTASE MAñÁN COA DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE PARA AVANZAR NO PROXECTO DO NOVO CLUB DE VELA

O goberno eumés agarda que o novo proxecto poida contar coa colaboración das administracións autonómicas e provincial

O alcalde, Gabriel Torrente acudirá ó encontro coa responsable da Xunta acompañado pólo Presidente do Club Firrete, Ramiro Piñeiro

O concello incluirá unha partida de 150.000 euros nos orzamentos do 2009 para construir este centro de vela

O alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente reunirase mañán coa Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galícia para negociar a posible participación da administración autonômica na financiación do novo Club de Vela que o gobierno eumés pretende levar adiante.

Ao encontro coa Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, o alcalde eumés acudirá acompañado pólo Presidente do Club Firrete, Ramiro Piñeiro, e pólo autor do proxecto de construcción do novo club de vela, que poderia construirse de forma modular, dacordo co financiamento que se acade.

O gobierno de Pontedeume, liderado por Gabriel Torrente trata de impulsar um novo proxecto, logo de que o anterior, iniciado pólo gobierno PSOE-BNG fracasase ao quedar deserto no proceso de adxudicación das obras.

O alcalde de Pontedeume agarda que a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galícia aporte fondos para o ano 2009 co obxectivo de cofinanciar estas obras, que permitirían dotar a Pontedeume dun moderno club de Vela, do que se beneficiarían o club Firrete e O Peixe. “Pontedeume ten que converterse nun referente para os deportes náuticos. Temos unha grande tradición no que a vela se refire, e por isso, é fundamental impulsar este proxecto”, resaltou o rexedor, quen anunciou que o concello reservará unha partida de 150.000 euros nos orzamentos do 2009 para impulsar este proxecto.

lunes, 1 de diciembre de 2008