Curso de Formación de formadores en mediación xuvenil para unha conducción responsable
A Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, organiza na Casa da Xuventude de Pontedeume, o Curso de Formación de formadores en mediación xuvenil para unha conducción responsable.
Prevención dos accidentes de tráfico no ámbito xuvenil: Estratexias de intervención.
Os Obxectivos deste Curso son:
O curso de formación de formadores en mediación xuvenil para unha conducción responsable ten como obxectivo o de contribuir á formación específica de personas que traballan no ámbito da xuventude co fin de capacitalos para formar a mediadores xuvenís en conducción responsable.
Así mesmo capacitar aos participantes no curso para impartir charlas e talleres de sensibilización a xuventude para unha conducción responsable sen consumo de alcol ao volante.
Contidos:
1.- Os accidentes de tráfico: a magnitude do problema
2.- Dinámica dun impacto e consecuencias para as víctimas.
3.- A condución: unha tarefa de toma de decisións.
4.- Aptitudes e capacidades básicas para unha condución segura.
5.- Os grupos de risco.
6.- Os factores de risco: a velocidade.
7.- Os factores de risco: o alcohol
8.- Os factores de risco: as drogas.
9.- Os factores de risco: as enfermidades e os fármacos.
10.-Os factores de risco: o soño.
11.-Os factores de risco: a fatiga.
12.-Os factores de risco: o estrés.
13.-Seguridade activa e pasiva.
14.-A condución preventiva
15.-Actuación en caso de accidente de tráfico.
16. A importancia do cumplimento das normas de tráfico.
Metodoloxía:
O curso ten unha fase teórica de 15 horas presenciais e desenvolverase cunha metodoloxía activa e participativa.
Destinatarios:
Preferentemente profesionais que traballan coa xuventude e nos centros de información e orientación especializado.
No caso de haber prazas vacantes poderán acceder todas as persoas interesadas na temática.
Duraciòn: 20 horas.
Nº de horas presenciais. 15
Nº de Prazas: 20
Lugare e data de impartición:
CASA XUVENTUDE DE BETANZOS
Sesións presenciais:
Venres, 4 de decembro
Venres, 11 de decembro
Venres, 18 de decembro
Horario: de 16 a 21 horas.
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
Os alumnos que rematen o curso con rendimento satisfactorio expediráselle un certificado de asistencia da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Para máis información e inscricións na Casa da Xuventude de Pontedeume ou chamando ao teléfono 981 43 02 67 (en horario de tarde).
Folla Inscripción