sábado, 27 de abril de 2013

Remanente positivo ano 2012

O Concello de Pontedeume procedeu o pasado 27/03/2013 á aprobación da Liquidación correspondente ao exercicio de 2012, acadando un remanente positivo por importe de 249.213,82.- Euros.
Esta é sen dúbida unha excelente noticia para o municipio Eumés, tendo un dobre mérito polo momento de crise no que se produce. Todo isto alcanza maior relevancia, se temos en conta que o Concello de Pontedeume non ten ningún préstamo pendente de amortizar coas entidades financeiras, estando tamén pagadas ao día de hoxe todas as facturas de provedores aprobadas na anualidade de 2012.
Todos estes datos reflexa unha moi boa situación económica do Concello, derivada dun exercicio de responsabilidade -non gastando o que non se ten-, froito sen dúbida do traballo serio dun Grupo de Goberno e da Concellería de Facenda, que sen recorrer á subida xeneralizada de impostos, nin contar con grandes ingresos urbanísticos como outros Concellos, souberon xestionar os escasos recursos municipais, para resolver e atender na medida do posible as necesidades dos Eumeses.

Aínda así e dada a situación actual de crise non debemos de confiarnos. Debemos ser prudentes e pensamos que se debe “seguir actuando con rigor e bo facer».