lunes, 20 de agosto de 2007

Faltriqueira Pregoeiras Festas das Peras 2007



Carolina, Ana, María e Teresa serán as encargadas de dar o pregón o vindeiro día 8 as 20.00 h das festas das Peras 2007, pensamos que é un gran acerto por parte do Concello, pois dende aquí considerámolas as mellores embaxadoras posibles que ten o noso pobo.


Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, Faltriqueira son un proxecto vocal autónomo que foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes, non só na súa Galiza natal.

Iniciadas en Orballo, recollen a herdanza tradicional das cantantes pandereteiras enchoupándoa da súa xuventude, naturalidade, gusto e achegamento a diferentes estilos musicais próximos e lonxanos xeograficamente.

Colaboraron en gravacións e acompañaron en concertos a Luar na Lubre, Mike Oldfield, Oskorri, Kepa Junkera, Víctor Manuel, antes e despois dun debut discográfico editado a finais do 2002 e distribuído por medio mundo. Faltriqueira (Resistencia, 2002) levounas á portada da revista Folk Roots, referente da música con raíces e otorgoulles unha gran aceptación da crítica especializada, pois foi escollido entre os 10 mellores álbumes do 2003 na World Music Charts Europe (lista europea de músicas do mundo). Do mesmo xeito, varias cancións súas foron escollidas para diversos recopilatorios coma “Women´s World Voices”, “Femmes Celtes” ou “Oriental Garden”.



Tras ofreceren concertos pola Península Ibérica, Bermudas ou Namibia e gañar tamén o recoñecemneto do público en festivais coma o Etnofestival 2005 de San Marino, o Rock in Rio en Lisboa, o Fórum das Culturas en Barcelona, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Parapanda Folk ou Plasencia Folk... chega o momento da agardada continuación discográfica: o “ Efffecto Faltriqueira ” (2006).
Segue aquí

2 comentarios:

Anónimo dijo...

gracias pola visita a páxina de a estrada , pero teñovos que dicir que xa non é das NNxx ,porq o presidente de alí me votou por defender valores galeguistas. ou sexa que mira como anda o patio.u n presidente que non acepta as bases do seu propio partido...
de todolos xeitos noraboa polo video é moi bó. tamén pola defensa de Galiza e da sua música.
unha apèrta,

Anónimo dijo...

O pregón é o día 7