EL SALARIO DEL SILENCIO
Case que unha treintena de persoas asistiron hoxe, na Biblioteca Municipal de Pontedeume,a proxección da pelicula: O Salario do Silencio.
Despois de ver os case que 50 minutos que dura o documental, as sensacións que quedaron no ambiente foron as que nos facemos todos aqueles, que non entendemos o porqué do emplazamento da pranta de Gas, en Mugardos.
¿Qué se poderá facer agora?
O que está claro é que os partidos que nos representan se teñen que dar conta que non se lle pode dar a espalda a xente.
E, si claro como está, Reganosa vai a ser unha peza importantísima dentro da industría enerxética Galega, xerando gran riqueza e creando moitos postos de traballo directa e indirectamente. O que non pode ser e que non se teña un plan de emerxencia en caso de accidente, que non se teña ben informados os veciños de Mugardos e de toda Ferrolterra das medidas que deben de tomar en caso dalgunha incidencia na Planta e que si finalmente, Reganosa obtén a Licencia para poder empezar a traballar a pleno rendemento esixirlle dende o Goberno que as medidas de seguridade sexan extremas.
Esperemos que todo chegue a unha solución satisfactoria para tódalas partes.
Dende aquí animámovos a ver este video, lles desexamos os creadores que teña unha ampla difusión e chegue a canta máis xente mellor.
1 comentarios:
parabéns polo post, debo recoñecer que unha postura moi valente a túa. Ogallá tivera alzado a voz xente do teu partido cando Fraga lle pagou con este despropósito os favores a Tojeiro.
Publicar un comentario