Saúde na rede
“Obradoiro de saúde na rede” en Pontedeume.
O concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización de Sociedade da Información, celebra os próximos días 13 e 14 de setembro (centro de formación FOREMDES) un “Obradoiro de saúde na rede”. A actividade dividirase en dúas sesión de dúas horas cada unha (de 10 a 12 horas da mañá) e trataranse contidos tales como: pedir cita médica a través de internet, tramitar a tarxeta sanitaria, información sobre alimentación e nutrición, hospitais e farmacias de guardia ou como manterse en forma, entre outros.
As persoas interesadas poderán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do concello eumés. O prazo remata o día 12 de setembro ás 14 horas.
O único requisito para apuntarse é ter coñecementos báscios de navegación por Internet.
0 comentarios:
Publicar un comentario