miércoles, 12 de diciembre de 2007

¿Estas son as necesidades da poboación galega?





O Portavoz do BNG,Francisco Rodríguez acaba de solicitar este Mércores no Congreso que os Galegos podan dispoñer da emisión dos canles portugueses a traves da TDT.

Dende aquí no preguntamos, é esto o que están a pedir os Galegos?, de verás Anxo Quintana e mailo seu portavoz no Congreso Francisco Rodríguez creen que os Galegos que pensaron que poderían ser unha alternativa, os votaron para isto?. Creo que non, pero eles sabrán.

Mentras tanto Zapatero apoiou a iniciativa, na replica que lle fixo a Mariano Rajoy, dixolle que era unha magoa que él, un Leonés de nacemento se interesase máis pola nosa terra que D. Mariano, galego como todos sabemos.

Dende aquí parecenos unha broma de mal gusto, que con todos os problemas cos que hoxe en día temos que convivir a maioria dos galegos, se estén a debatir asusntos no Congreso de esta índole.

Estos políticos son os que pensan gañar algo en Marzo?

Coido que non, menos mal, que ainda queda un partido o cal está para defender os intereses, os problemas reais da xente.

Os Galegos, os españois, queremos ter unha Sanidade máis axil, queremos ter unha educación mellor, queremos ser máis competitivos, saber máis idiomas, queremos poder comprar un piso, un coche, sin ter que facer contas e máis contas para chegar o fin de mesno.
Queremos que cando vaiamos a facer a compra, non quedemos coa carteira valeira.

Estas cousas son as que os galegos queremos, estos son as verdadeiras necesidades.

Que despois vemos a televisión Portuguesa, a danesa e maila Checa, pois mellor que mellor

2 comentarios:

Anónimo dijo...

é gracioso que o mesmo día que o BNG conquire o traspaso de 8 competencias á CAG xusto despois de asegurar a maior inversión estatal no país da historia saquedes esta noticia; a ti gustarache ver a checa e a danesa, pero non entenderías nada, mentres que a portuguesa poderiamos entendela tódolos galegos, mellorando así a oferta televisiva que non é demasiado boa, por certo.
Claro que a sanidade, educación, infraestructuras nos preocupan aos galegos (aos españois supoño que tamén), pero xa nos preocupaban durante os 16 anos do goberno Fraga, moito máis que darlle unha milloada a Julio Iglesias, por exemplo, para que promocionase o Xacobeo, e tamén que mercar un palacete en Madrid, etc
Que Quintana é un incompetente é evidente, que Paco Rodríguez cada día mete máis a zoca, tamén; ¿pero a que se adican os deputados do PP en Madrid? semella que a andar de mariscadas e cuchipandas varias, porque non se lles ve unha iniciativa. (o mesmo vale para os do SOE)

Anónimo dijo...

Pois mirade eu estou tan convencido que nunca ides gañar unhas eleccions xerais,xa que o contrario non xoga limpo:manipulación de case todolos medios de comunicacións,nacionalización masiva de inmigrantes ,concesión da nacionalidade Española a netos de emigrantes no Extranxeiro que nunca pisaron o pais,etc que por librarme de Zp e seu partido me gustaría que Galicia se unira a Portugal ,e que lle dean bertorellas aos Andaluces e a "lapsoe" como lle chaman a ese partido por ali