martes, 18 de diciembre de 2007

PORTOS DE GALICIA ADXUDICA A REMODELACIÓN DA FACHADA MARÍTIMA DO PORTO DE PONTEDEUME


A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, ven de adxudicar as obras de ordenación da fachada marítima do porto de Pontedeume, por un importe de preto de 2,2 millóns de euros e un prazo de execución de 16 meses.

Esta actuación, que sairá publicada os vindeiros días no Diario Oficial de Galicia, ten por obxecto o de definir as obras e instalacións necesarias para a posta en valor do ámbito portuario primitivo do porto de Pontedeume, consolidando as súas potencialidades de uso, paisaxísticas e de servizos. Preténdese eliminar ou mitigar aqueles elementos discordantes que inflúen negativamente na calidade ambiental e paisaxística da zona, co obxectivo de aglutinar espazos descontinuos na trama urbana portuaria e establecendo mellores interconexións e posibilidades de uso a través de pequenas intervencións nos cambios de nivel de diferentes plataformas e zonas de estancia.

Así mesmo renovaranse de xeito substancial os servizos básicos e infraestruturas e mellorarase a accesibilidade, distribución e mobilidade, implantando novas zonas de aparcamento en superficie (un total de 72 previstas) e pasos de peóns. Tamén se fará un paseo peonil no borde marítimo e instalarase arborado. Ademais levará unha pasarela de madeira de 320 metros ao nunha gran parte do borde litoral, ancorada ao muro.


A zona a remodelar atópase situada e contigua ao porto de Pontedeume que comprende a zona da rúa e zonas próximas ao porto, entre o núcleo urbano e a zona marítima. Con esta actuación trátase, en definitiva, de poñer en valor a zona con acabados urbanos mais amables co entorno, incluídos os seus equipamentos e infraestruturas portuarias.


Noticia

0 comentarios: