lunes, 21 de enero de 2008

Campaña de Esquí 2008



Dende o Servizo de Deportes do Concello de Pontedeume recordamos a todos os nenos e nenas deste municipio, de idades comprendidas entre os 9 e 13 anos, que continua aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na Campaña de Esquí 2008 promovida pola Deputación Provincial de A Coruña, e que este ano terá como escenario a estación invernal de esquí de Sierra Nevada, en Granada.

O prazo de entrega das solicitudes e da documentación requerida remata o día 11 de febreiro. Ao día seguinte, ás 11,30 horas no salón de plenos da casa consistorial , efectuarase un sorteo público ante a Sra. Secretaria do concello, no que se coñecerán os nomes dos nen@as que terán a oportunidade de facer esta maravillosa actividade.

Para maior información deben dirixirse a oficina do Servizo de Deportes do concello, sita no pavillón municipal de deportes " A Casqueira " ou ben telefonear ao número 981433041.

Servizo de Deportes do Concello de Pontedeume

0 comentarios: