martes, 22 de enero de 2008

CAMPIONATOS GALEGOS PONTEDEUME 2008


O Concello de pontedeume consigue por primeira vez ser sede dos campeonatos galegos de xadrez nas categorías Sub 14 e Sub 18.

A competición desenvolverase entre os días 2 e 5 de febreiro dos correntes nos salóns do hotel Eumesa en horarios:

- Pola mañá de 10 a 14 horas.
- Pola tarde de 17 a 21 horas.


O día 5 de Febreiro a partir das 20,30 horas terá lugar a entrega de premios, acto ao que asistirán:

- Representantes da escola Ferrolá de xadrez.
- Presidente da federación galega de xadrez.
- Alcalde e autoridades políticas municipais.


En cada xornada se retransmitirán via Internet 8 partidas, 4 por categoría, elixíndose as teóricamente mellares, segundo o ranking que teñan os participantes. A duracion da retransmisión e de aproximadamente 8 horas diarias na dirección:

www.fegaxa.com

Tan pronto teñamos máis novedades do acontecemento, lles informaremos.

0 comentarios: