domingo, 27 de enero de 2008

CURSOS INFORMÁTICA PARA MAIORES




O Concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información quere informar de que a partir de agora a aula de informática do centro de formación FOREMDES terá un novo horario de apertura ó público, que será o seguinte:

- Mañás: Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas.

- Tardes: Luns e xoves, de 16 a 21 horas.

Martes, de 18 a 21 horas.

Mércores e venres, de 17 a 21 horas.

Ademais, están programados dous obradoiros:

- “Mecanografía”, que terá unha duración de 20 horas e se desenvolverá desde o 4 de febreiro até o 19 de marzo, os luns, mércores e venres de 11 a 12 da mañá.

- “Iniciación á informática para persoas maiores”, de 15 horas de duración, e tamén en horario de mañá.

Este último obradoiro, planificado en colaboración co persoal do Centro Municipal de Maiores, ten como principal obxectivo que as persoas asistentes adquiran coñecementos básicos no manexo do ordenador e, a partir de aí, ir coñecendo diferentes utilidades do ordenador: Internet, correo electrónico, mensaxería instantánea, compras... Actividades coma esta axudan ademais a mellorar a autoestima das persoas maiores.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa dinamizadora da Sociedade da Información do concello, quen programará máis actividades deste tipo durante todo o ano. Para elo poden escribir ao correo electrónico barbara.pontedeume@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou pasar polo centro de formación FOREMDES, sito na Avda. Ricardo Sánchez, nº6, en Pontedeume.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

2 comentarios:

José Antonio Del Castillo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

apuntade a Rajoy que dentro de pouco vai ter moito tempo libre