Actuacións na Avenida Ricardo Sánchez
Hoxe Xoves nos levantabamos coa seguinte noticia da opinión da Coruña::
Los eumeses aparcarán en línea en la avenida Ricardo Sánchez
Queremos dende aqui desmentir que esta noticia seña tal coma se conta: As actuacións que se van a facer na Avenida de Ricardo Sanchez teñen que ver coa disposición dos estacionamentos dos vehiculos para intentar mellorar a seguridade pública de todos os eumeses, non no cambio do tipo de aparcamento, seguirá sendo en Bateria.
¿Cal será a actuación a realizar en Ricardo Sánchez?
Segundo informes da Policia Local, en toda a Avenida de Ricardo Sánchez veñense sucedendo varias colisións, ocasionando danos tanto nas persoas como nos vehiculos.
A actuación a levar a cabo consiste no cambio de dirección das lineas que delimitan os espazos para aparcar e máis no repintado das zonas de estacionamento e máis dos pasos de cebra.
O parecer de esta maneira, os vehiculos estacionados cando abandonen o seu lugar de estacionamento non terán que dar marcha atrás e sairán directamente cara o sentido da circulación, intentándose evitar de esta maneira as colisións que veñen acontecendo nesta avenida.
O que si se fará como di na noticia será a pavimentación das calles interiores do ceminterio municipal e un sistema de recollida de augas fluviales, iniciandose as obras nos vindeiros días.
2 comentarios:
SUBTERRÁNEOS NON!
por fin alguén con sentidiño, xa era hora de que se decatasen do tema de Ricardo Sánchez
Publicar un comentario