Melloras nos parques infantis
Durante as próximas semanas tódolos eumeses vamos a poder ver as melloras nas que está a traballar o Concello nos temas referidos as obras e melloras dos parques de Pontedeume.
En primer lugar, se dotará o parque do Lombardero e máis o parque do Paseo Marítimo dun suelo de Caucho acolchado para que os nosos nenos conten cunha maior seguridade e unha mellor hixiene.
No xardín do Lombardero instalarase un novo conxunto de xogos para os nenos que vai contar cunhas dimensións de 13 m. de largo por 5 de alto.
No que se refire a herba do Paseo Marítimo, mellorarase o coidado da mesma e farase unha reposición do control automático do riego.
Tamém estase a xestionar a recuperación dos macizos da Casa da Cultura, querendo reflexar nos mesmos a flora autóctona da zona do Eume.
Tamén dicir que gracias a boa xestión do Concello faranse melloras no camiño que vai cara a praia de Insua facilitando o acceso as casas dos veciños é máis o acceso a Praia de Insua.
Esperamos que estas pequenas medidas podan verse reflexadas nunha mellor calidade de vida de tódolos eumeses.