miércoles, 7 de mayo de 2008

BLOG DOS NOSOS MAIORES

CONCURSO DE INICIATIVAS DA RDSI

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural.



A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Coincidindo o día 17 de maio coa celebración do Día das Letras Galegas, o Día de Internet e o Día das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, o Concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información está a desenvolver unha actividade que participará no II Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, cuxo fin é fomentar a posta en marcha de iniciativas que promovan o uso do galego e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Dita actividade consiste nun blog creado por un grupo de persoas maiores do concello de entre 60 e 75 anos. A repercusión que ten sobre eles/as tradúcese, sobre todo, nun reforzo da autoestima, debido á súa participación activa e sabendo ademais que sen as súas aportacións non se podería facer este diario.

Ademais tamén supón un “exercicio” de memoria moi efectivo para os/as participantes. Según se presentan no blog “Vagalumes no Eume somos un grupo de persoas que queremos "botar luz" sobre a memoria para recuperar historias, cancións, fotos, lendas... da comarca do Eume para que sobrevivan ó paso do tempo.”

Con esta iniciativa preténdese:
Potenciar a participación e implicación da xente maior no desenvolvemento comunitario.
Recuperar parte da historia, cultura, tradición... da comarca do Eume, a través da memoria dos seus “protagonistas”.
Publicitar e dar a coñecer a comarca do Eume a través da rede.
Fomentar o uso do galego conxugando este co uso das novas tecnoloxías.

Para todas aquelas persoas interesadas en visitar o blog (aínda en construcción), a dirección é: www.blogoteca.com/vagalumesnoeume

blog comments powered by Disqus