Por un Pontedeume Limpio
Nestes últimos días se veñen vendo novas que teñen que ver coa situación na que se encontra a recollida do lixo en Pontedeume.
A situación da Limpeza non é algo novo para nos os eumeses, dende fai tempo vimos reclamando un mellor servizo da recollida.
¿Por qué sin embargo na Oferta de Emprego prevista para este ano, non hai un aumento considerable do persoal da recollida do lixo?
A problemática da limpeza é algo no que se debería de lograr un gran consenso entre todas as forzas políticas do noso pobo, para intentar obter a mellor solución entre todos.
Si todos os eumeses pagamos os mesmos impostos, non pode ser que uns teñan unhas mellores condicións de vida, que outros, reflexándose ésta nunha recollida da basoira máis periódica.
¿Cal é a situación da recollida do lixo en Pontedeume?
Na actualidade aparecen recollidas na RPT (Relación Postos de Traballo) un total de 5 traballadores adicados a sección de recollida do lixo:
2 conductores e 3 peóns, ademais dun encargado do punto limpio.
Estos traballadores teñen un limite de horas semanais, no Pleno Ordinario de Decembro, o Concejal de Obras e Servicios Javier Crespo explicou o porque da situación da recollida do lixo e porque non había recollida os Sábados.
Coa inminente chegada do verán é necesario lograr unha mellora da situación para todos os eumeses, non só para nós senon tamén para os nosos visitantes os cales son unha importante fonte de riqueza para o noso pobo.
¿Cales son as posibles solucións?
1º Reforma inmediata da RPT, ampliando os efectivos da recollida da limpeza así de como os barrendeiros. Ésta que semella unha solución sinxela sin embargo non o é tanto, posto que unha ampliación do persoal da limpeza para que ésta resultara efectiva,podría implicar un déficit nas arcas públicas.
2º Privatización servizo da recollida do Lixo
Contratar unha empresa como sucede nos pobos veciños de Miño e Cabanas, nos que a Limpeza deixou de ser un problema xa fai tempo.
Si queremos lograr que Pontedeume sexa un lugar turístico de referencia, non se poden repetir éstas imaxes tódalas semanas:
Feirón e botellón
Gracias a S.O.S Pontedeume polo seu traballo denuncia.
Dende hoxe mesmo poñemos unha nova enquisa na páxina:
¿Privatizarías a Limpeza?
Gabriel Torrente Rodríguez