viernes, 6 de junio de 2008

Pontedeume e o Medioambiente



Foto: Pontedeume Denuncia

Como ben sabedes, onte 5 de Xuño, celebrouse o día Internacional do Medioambiente.
A nova Corporación ten como unha das súas principais preocupacións o coidado e respeto para as nosas rias, nos últimos tempos vense traballando en diferentes obras para tratar de mellorar a salud das nosas rías.
Como se pode ver na imaxe, hasta fai ben pouco frente o hotel eumesa, había tuberías que vertían directamente para as nosas rias.
Este 1º vertido pudo ser finalmente arranxado, facendo que as augas que se vertían a través de este caño vaian a parar a partires de agora a rede de alcantarillado para ir finalmente a depuradora.

Fai tamén poucas semanas remataronse as obras da minidepuradora de Ombre, que será moi importante para mellorar a saude do Eume por dita zona.

Xa mirando polo bienestar dos eumeses dun modo máis directo, estanse a levar a cabo obras na Plaza Vázquez Penedo (Chalé Rosa) para tratar de acabar coas inundacións que en dita zona se estaban a producir dende fai xa moitos anos.
Ditas obras consisten na instalación dun colector de pluviales que desemboca directamente o mar.

blog comments powered by Disqus