lunes, 11 de agosto de 2008

Motobarredoira para Mellorar o servicio de Limpeza




O Concello de Pontedeume solicitou ante a Deputación da Coruña, unha axuda para a adquisición dunha barredoira para mellorar a limpeza das calles da nosa vila.
A situación actual da limpeza no noso pobo necesita unha mellora dos servicios dos que actualmente presenta, ante a escasez de efectivos dos que o Concello dispón é a necesidade de que Pontedeume, como pobo turístico que é, merece unha mellora significativa na calidade de vida dos seus habitantes así coma dos seus visitantes.

Coa compra dunha barredoira para limpar as calles, melloraríase amplamente a limpeza e a hixene das nosas calles, dende o grupo de goberno consideran que este servizo é algo que o noso pobo viña demandando dende fai tempo polo que se espera que en vindeiras datas, o noso pobo poda beneficiarse desta útil ferramenta.

blog comments powered by Disqus