martes, 28 de octubre de 2008

¿Cal será o vindeiro escándalo?




Para Touriño, os galegos non deben de estar a sufir a crise, en vistas os seus actos de despilfarro do diñeiro público.

A tendencia ao luxo do presidente levoulle a gastar máis de 320 millóns de pesetas en pór ao seu gusto o despacho que durante 16 anos si serviu a Fraga para gobernar Galicia.
Touriño gastou máis de dous millóns de euros en cambiar a distribución e o mobiliario do seu despacho en San Caetano

A Xunta alega motivos de seguridade para non xustificar e detallar canto custaron as instalacións, os mobles (polos que pagamos máis de 500.000 euros) e a decoración da sala que encargou o presidente galego
Os gastos foron convalidados polo Consello da Xunta, polo que ou non foron fiscalizados pola intervención xeral ou superaron amplamente a cantidade inicial prevista

Alfonso Rueda informou de que a Xunta quixo ocultar o prezo da reforma convalidando a factura da mesma no Consello da Xunta, ben porque excede a propia cantidade inicialmente prevista -polo que o importe da obra podería superar con fartura eses dous millóns de euros-, ben porque os gastos non foron fiscalizados polos interventores. En todo caso, a sociedade galega ten dereito a saber canto gastou o presidente en regalarse un novo despacho.

blog comments powered by Disqus