sábado, 4 de octubre de 2008

RECOLLIDA DO LIXO E LIMPEZA VIARIA EN PONTEDEUME

A unión comarcal de Pontedeume da USTG presentou unha denuncia ante as autoridades laborales “en resposta ás reiteradas actuacións dos responsables do Goberno municipal, quenes se saltan unha e outra vez a legalidade vixente e modifican pola vía do decreto as condicións de traballo do persoal de plantilla do Concello”, afirman.
En dito comunicado, aparecido hoxe no Diario de Ferrol, o colectivo asegura que uns dos afectados son os operarios do servicio de recollida do lixo, os que se lles obliga a traballar xornadas de 56 horas (oito días continuos) sin respetar os descansos establecidos pola ley, afirman desde a USTG.

Dende as nnxx de Pontedeume quixemos saber cal era a verdadeira situación do persoal encargado da recollida do lixo no noso pobo, polo que nos puxemos en contacto co Concejal de Obras e servicios, Javier Crespo.
Os traballadores encargados da recollida do lixo, traballan 35 h. semanales, sendo o seu horario habitual de 6 hrs. da maña a 13 hrs da tarde. Javier Crespo tamén nos comenta que os traballadores teñen establecidos uns turnos polos que poden librar 2 fins de semana completos o mes.
Javier tamén nos comentou como unha Consultoría estase encargando de facer un estudio de viabilidad económica para comprobar cal é a mellor solución para sair deste problema que os eumeses arrastran dende moitos anos atrás e que en próximas datas se espera publicar os resultados deste estudo con datos contrastados e concluintes.

Dende este blog xa se pudo comprobar meses atrás a través dunha enquisa que realizamos que o 80 % dos que votaron apostaban por unha privatización do servicio da recollida do lixo, como xa ocorre na maioria dos grandes pobos e cidades galegos.

Dende aquí tamén queremos pedir disculpas dende o grupo de Goberno a todos os eumeses que se puideran ver afectados estos días pola recollida do lixo, xa que debido a unha avería nun dos camions da basura estos últimos días habrán visto como a situación da recollida empeorou visiblemente, tendo que efectuar as tareas de recollida a través dun único camión operativo, nos próximos días esperamos que a situación volva a normalidade.

blog comments powered by Disqus