sábado, 22 de noviembre de 2008

MAÑÁ TODOS A CURUXEIRAS



POLO CUMPLIMENTO DOS COMPROMISOS COAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL, " FERROCARRIL PARA CANELIÑAS".

Despois das sucesivas reconversións padecidas nas Comarcas de Ferrol, eume e Ortegal, de procesos e plans fracasados, o desexo de saír do esquecemento institucional e sentar as bases de futuro para o progresso e a diversificación industrial levounos, por primeira vez na historia das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a empresarios - Cámara de Comercio, CEF y CEFEOR-, e sindicatos - CCOO, UGT e CIG - a unirnos na Asociación impulsora do Plan Ferrol con ese obxetivo común.

Neste marco de interlocución, a Xunta de Galicia e o Goberno Central comprometeronse coa revitalización industrial das tres comarcas e a dotación das infraestructuras precisas. As nosas principais demandas: Infraestructuras, Solo industrial, Sector Naval, Diversificación Industrial e Saneamento das Rías, entre outras, quedaron recollidas no "PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL. 2007 - 2011" presentado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño en marzo do 2007 en Ferrol.

A pesar de ter acadadas algunhas das nosas demandas, nin os orzamentos xerais do estado do 2008, nin agora os do 2009 recolleron unha partida orzamentaria para o ferrocarril a Caneliñas, infraestructura imprescindible para garantizar a competitividade do porto exterior e favorecer a diversificación industrial das tres comarcas, e acumúlanse os atrasos en canto o resto de infraestructuras pendentes, solo industrial, saneamento das rías, e o sector naval.

Para non caer novamente no esquecemento, e polo cumprimento dos compromisos coas vomarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a AIPF convoca os partidos políticos, concellos, Institucións Académicas, comités de empresa, entidades sociais e veciñais e convida a tódolos veciños e veciñas de Ferrol, Eume e Ortegal á mobilización social en demanda de:


* Ferrocarril a Caneliñas
* AVE Ferrol - A Coruña
* Vía AltaCapacidade Costa Norte
* Autovía Ferrol - Vilalba
* Saneamento das Rías
* Solo Industrial
* Plan Industrial del Navantia
* Fin do veto á construción civil en Fene.
* Axencia Galega de Desenvolvemento Industrial


MANIFESTACIÓN

Lugar: Ferrol
Saída: Porto de Curuxeiras
Hora: 12.00 hrs, (23/11/08)

blog comments powered by Disqus