O CONCELLO DE PONTEDEUME CONMEMORA O DIA DA PAZ COA CELEBRACION DUN PLENO INFANTIL
O Concello de Pontedeume celebrou o Día da Paz coa celebración do I Pleno Infantil Municipal. Una representacion de dez alumnos de sexto de primaria dos colexios do Concello asumiron ó longo de unha hora e media de pleno o papel de Concelleiros no Pleno Infantil realizado esta mañá na Casa da Cultura. Este foi o xeito que elixiu o Concello de Pontedeume para conmemorar o Día da Paz. A proposta da Concellería de Servicios Sociais foi sensacionalmente acollida por todos o centro educativos.
Esta Sesión Plenaria extraordinaria en canto a concelleiros presentes foi presidida polo Alcalde eumés, Gabriel Torrente, que animou a todos os alumnos a facer uso das prácticas democráticas, posto que son as armas principais e máis efectivas para loitar por acadar un mundo mellor para todos e todas. Asegurou: a administración é en parte responsable de que se produzan avances na sociedade, pero todas e todos temos moito que facer. Avanzar e acadar melloras e benestar é cousa de todos, por iso queremos saber todo o que vos nos podedes aportar, coñecer cales son as vosas necesidades, e cales son as solucións que, dende o voso punto de vista, dariades aos problemas que hai no día a día do noso Concello.
A Concelleira de Servicios Sociais, Ruth García Campos, agradeceu a participación destes concelleiros de excepción, así como o impulso inestimable que aportaron mestres e directores para lograr que este proxecto educativo obtivera os resultados esperados.
Nun primeiro momento os Concelleiros agradeceron a oportunidade que se lles deu de aportar o seu punto de vista sobre a realidade municipal e expuxeron, tras o traballo na escola do conxunto das clases, as súas inquedanzas, os aspectos que se deberían mellorar así como as necesidades que tiñan os mozos e mozas da súa idade.
Solicitaron solución ó problema do tráfico, dos aparcementos e da limpeza, a creación de máis zonas de ocio e mellora das actuales, máis pistas deportivas para maior número de persoas, dotación de máis plantilla de policía local que poida controlar as zonas conflitivas do concello, un edificio de usos múltiples ou un auditorio, a mellora da oferta turística, ou o coidado do medio ambiente.
A continuación, os concelleiros do goberno Javier Crespo e Eugenio Otero, deron resposta á preguntas que os voceiros de cada colexio realizaron e deron entrada no rexistro municipal ó longo desta semana, cumprindo cos trámites propios da admisnistración local. Ademáis o Alcalde abriu unha quenda de preguntas dirixida a calquera dos nenos que non actuou como portavoz.
Por último, someteuse a votación plenaria a procedencia ou non de institucionalizar esta actividade de xeito que, en torno a datas como a que nos reuniu hoxe, se celebre o Pleno Infantil do Concello de Pontedeume, que contou co respaldo, poderíamos dicir que unánime, dos presentes na sala de sesións.
O Alcalde declarou estar orgulloso da xuventude eumesa, do seu compromiso, e do interés que sentiron por poder poñer un práctica os usos democráticos.