viernes, 30 de enero de 2009

O CONCELLO DE PONTEDEUME FELICITA Ó PERSOAL MUNICIPAL QUE TRABALLOU NESTES DIAS PARA FACER FRONTE AS CONSECUENCIAS DO TEMPORAL



O goberno de Gabriel Torrente felicita ó persoal da Policía Local, de Protección Civil e do Departamento de Vías e Obras polo seu traballo

O concelleiro de Obras, Javier Crespo critica que a Diputación manteña bloqueada a estrada que comunica Pontedeume coa Capela de San Miguel de Breamo

O concello lamenta que Medio Ambiente non actuase para limpar a estrada das Fragas do Eume.


O Concello de Pontedeume felicitou no día de hoxe ó persoal da Policía Local, da agrupación de Protección civil e o persoal municipal, especialmente do departamento de Vías e Obras, que nos últimos días desenrolaron un traballo “inxente” para devolver a normalidad a Pontedeume, logo do paso do temporal do pasado venres.


A DIPUTACION FALLA


O concelleiro de Obras, Javier Crespo, explicou que o concello seguirá traballando nos proximos días para restablecer a normalidade. Dende o concello afirmouse que “a Diputación falla”, lembrando que as estradas que dependen do organismo provincial atópanse en peor estado. Crespo explicou que a estrada que comunica Pontedeume coa Capela de San Miguel de Breamo segue cortada a día de hoxe.

O concelleiro eumés criticou tamén a deixadez da Consellería de Medio ambiente na limpeza da estrada das Fragas do Eume, no lugar de Ombre. Dita estrada tivo que ser desbloqueada pola empresa concesionaria do servicio municipal de aguas, Aquagest, para poder acceder ó bombeo da Alameda.

blog comments powered by Disqus