miércoles, 14 de enero de 2009

O CONCELLO DE PONTEDEUME INICIA OS TRABALLOS DA PRIMEIRA FASE DA PAVIMENTACION DA RUA FERREIROS

O goberno local aposta por mellorar os materiais e utilizar pedra de gran calidade na urbanización da rúa.

O Concello de Pontedeume iniciou nestes días as obras de pavimentación da primeira fase da Rúa Ferreiros. Segundo explicou o edil de Obras, Javier Crespo, o Concello de Pontedeume segue a liña de recuperación das rúas da Vila, coa intención de continuar coa mesma calidade da pedra de cantería coma a que se tem instalado recentemente na praza de San Agustín.

O edil de Obras explicou que a Rúa Ferreiros quedará finalizada nun prazo aproximado de dous meses en perfecto estado para o seu tránsito. Crespo explicou que se colocará pedra de gran calidade com espesores que duplican as pedras anteriormente postas na Praza do Conde polo goberno anterior, e que se estropean com facilidade. Crespo explicou que o gobierno actual quere marcar a diferencia, apostando póla calidade nos materiais e nos acabados nas obras que se realicen na Vila.

As obras que se están a executar na rua Ferreiros contan cun orzamento que ronda os 120.000 euros de investimento, e contemplan tamén a renovación da rede de saneamento, recollida de pluviais, telefonía, rede electrica, e abastecemento. A actuación contempla tamén a renovación das beiraruas.

Dende o goberno local pídese disculpas á cidadania pólas moléstias que as obras poidan ocasionar a veciños, comerciantes e hosteleiros, pedindo comprensión a cidadania, e agardando que as condicións meteorolóxicas permitan o cump`rimento dos prazos de execución da obra.

blog comments powered by Disqus