FEIJÓO REITERA A SÚA PROPOSTA POLA AUSTERIDADE E COMPROMÉTESE A SUPRIMIR O 25% DAS CONSELLERÍAS E O 40% DOS ALTOS CARGOS
- O futuro Goberno do PPdeG será o primeiro en dar exemplo de austeridade e contención do gasto nun momento no que centos de familias galegas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes.
- O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, levará a cabo un plan de austeridade na Administración que incluirá unha reducción do 25% no número de consellerías e do 40% no total de altos cargos.
- Non pode ser que os galegos teñan que recortar os seus gastos ao esencial e básico para poder sobrevivir mentres na Xunta todo siga como se non pasase nada, tal e como sucedeu co bipartito de Touriño e de Quintana.
- O PPdeG reducirá o número de consellerías a un máximo de 10 departamentos, nun proceso de fusión encamiñado a lograr a máxima eficacia e a óptima coordinación.
- O segundo punto desta aposta pola austeridade pasa por suprimir 52 delegados provinciais existentes a día de hoxe, limitando esa representación a un único delegado en cada provincia máis Vigo.
- Suprimiremos a figura dos delegados, pero non as delegacións, que si cumpren unha tarefa relevante desde o punto de vista administrativo e de atención aos cidadáns. A presenza institucional quedará reforzada a través da figura dun único delegado máis Vigo.