jueves, 30 de abril de 2009

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

DEPORTE E IGUALDADE



O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha nesta data, Día Internacional da Muller, un proxecto que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.
Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cos estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

HORARIO: de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00h.


CIRCUITO:


XARDINS DE LOMBARDERO:

Xogos populares: chave, rá, petanca, bolos
Xincana ciclista

PRAZA DO MERCADO

Baloncesto
Fubolin Humano
Toro Mecánico
Cama elástica
Tenis de mesa

BEIRARRÚA SAAVEDRA MENESES:
Xogos de mesa xigantes: parchis, 3 en raia- damas

TORREÓN

2 rocodromos


Ás 12:00 h. Lectura pública do Manifesto “Deporte e Igualdade”

RÚA COUCEIRO FREIXOMIL
Stands das entidades deportivas eumesas
Xogo de xadrez



En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso
ORGANIZA:
Concello de Pontedeume

blog comments powered by Disqus