lunes, 25 de mayo de 2009

O CONCELLO DE PONTEDEUME PRESENTA A PLENO A PROPOSTA PARA AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

O Concello de Pontedeume presentará este xoves ao pleno a proposta de ordenanza que regulará a concesión de axudas municipais para a compra de material escolar para o curso 2009/10 con dúas modificacións de considerable importancia.

Como novidade principal deste documento regulador aparece a contía que na que serán beneficiarios todos aqueles alumnos que cursan estudios do segundo ciclo de educación infantil, primaria e ESO empadroados no Concello de Pontedeume que será de 90 € para todos os cursos. De acordo con esta medida, increméntase nun 50% a contía que percibirán todos aqueles alumnos de educación primaria, e mantense a que recibían os de segundo ciclo de infantil e secundaria.

Segundo informou o Concelleiro de Educación, Javier Crespo, o incremento se debe a que aínda que os libros son gratuitos, a merca de material escolar supón un gasto importantísimo para pais e nais, e queremos con esta proposta axudar a estes gastos a todos aquelas rendas que realmente o precisan.

Aínda que por cuestión de contención gasto público, e baseado en políticas que persiguen a austeridade, se reduce a contía global da convocatoria, pódesea asegurar que un total de 50 nenos e nenas eumeses serán beneficiarios destas axudas. Con isto o Concello afirma que as rendas máis baixas, e as que realmente precisan desta asistencia, serán as que perciban a prestación municipal, que vai dirixida a todas aqueles alumnos e alumnas que non reciben Bolsas do Estado.

A outra novidade deste documento que se presentará a Pleno segundo indicou Crespo é a inclusión e valoración da situación de desemprego dentro das características persoais dos solicitantes. Posto que a situación económica se valora segundo a declaración da renda de 2008 e en moitos casos, nestes momentos de crise, as condicións laborais de pais e nais poido modificarse, decidimos puntuar a maiores as situacións de desemprego e favorecer deste xeito que os estados máis precarios sexan as que perciban estas axudas asistenciais.

Con estas medidas se asegura que os perceptores das axudas sexan os que realmente o precisen, polo que agardamos que se aprobe o próximo xoves esta proposta para que antes de que remate o os beneficiarios dispoñan deste crédito para axudar á merca de material escolar.

blog comments powered by Disqus