viernes, 5 de junio de 2009

Esta é a Oposición das Sombras



Hai algúns que seguen empeñados en que os eumeses non vexamos xamais o final do túnel, ao parecer aos nosos políticos da oposición seguen empeciñados en que Pontedeume non avance, en que Pontedeume seña tan só coñecido polos seus atascos e pola cantidade de "chacholladas" que se fixeron durante anos.

Estos mesmos que durante toda a semana estiveron usando as palabras da nosa compañeira de partido Ruth Garcia na prensa, para atacar ao Alcalde e máis o resto da corporación actual, esos mesmos hoxe non se dignaron a aparecer polo Concello, esa e a responsabilidade política da nosa oposición, estes son os modos de facer da nosa oposición.

Esta é a mesma oposición que hoxe negase a asistir o pleno extraordinario impedindo que o Concello traballe normalmente.

Esta é a Oposición que pide a berros durante toda a semana leer un informe, pero cando se vai a dar conta de dito informe non da señales de vida.

Esta é a Oposición que despois de máis de 20 anos nos que Pontedeume foi a pé cambiado cos Gobernos da Xunta, se reunen non para mirar polo ben do pueblo, senón en tratar de impedir que este avance.

Esta é a Oposición que "sinte medo" porque 4 eumeses que de verdade queren a Pontedeume teñan proxectadas o maior número de obras de toda a historia para o noso pobo.

Esta é a Oposición que sabe que o Plan de Urbanismo é inminente e que isto é algo que eles foron incapaces de facer en 20 anos.

Esta é a Oposición que sabe que en breves Pontedeume contará cun aparcamento en pleno centro que beneficiará a todos os nosos comerciantes e visitantes.

Esta é a Oposición,a mesma que sabe que ésta vai ser a última oportunidade que teñan para volver a gobernar no seu pobo.

Esta é a Oposición que sabe que nuns días teremos unha Barredora limpando as nosas calles.

Esta é a Oposición que sabe que dentro duns días inauguraranse as novas instalacións do Concello.

Esta é a Oposición das SOMBRAS.

A pregunta é, merece o noso pobo esta Oposición?

blog comments powered by Disqus