miércoles, 1 de julio de 2009

A DOBRE VARA DO PSOE

Hoxe na edición impresa de La Voz de Galicia unha vez máis o PSOE, esta vez a nivel autonómico, vólvenos a sorprender cunhas declaracións da súa secretaria de Organización a nivel galego, Mar Barcón deixándonos perlas como as seguintes referindose a situación do noso pobo:
" A moción é a única opción" , existe "tal inestabilidad" que é incompatible con un bó Goberno.
Ao parecer Mar descubreu de súpeto Pontedeume, cando a desidia e a deixadez era o día a día de Pontedeume xamáis se lle escoitou falar nin a primeira palabra de Pontedeume, pero claro gobernaban os dos seus cores.

Por outra banda como moitos de vós puidechedes leer hoxe na prensa e tamén nos canles de radio e televisión galegos, no Concello veciño de Fene, O BNG abandoaba o Goberno de Fene deixando que o PSOE goberne ata o final da lexislatura en minoría.

O Alcalde de dita localidad, Ivan Puentes facia un chamamento a calma e aproveitou tamén para facer un paralelismo co sucedido no bipartito da Xunta, sinalando que «no se puede jugar a la contra desde dentro» nin «ejercer de oposición estando en el gobierno», e sinalando que «estas estrategias dan los resultados que ya hemos visto». Aseguró, además, que todo o proceso en Fene das últimas semanas tiveron coñecemento en todo momento desde a dirección galega do PSOE desde a que contan «con todo su apoyo».

Daquela en que quedamos, señores e señoras do PSOE, pódese gobernar un pobo en minoría ou non? A única vía para sacar adiante o pobo é mediante unha moción de censura? Por qué se fai diferencias si os que gobernan son dos seus cores ou non?

Ivan Puentes, tamén declaraba que agora iba a "gobernar mellor"

Que nos aclaren dende o PSOE como se pode entender esta diferencia de pareceres. En Fene se gobernará mellor en minoría sen embargo en Pontedeume é insostenible esta situación, seguro que Mar Barcón gran coñecedora da situación política eumesa, explícanos a todos como se pode pretender gobernar con 3 grupos diferentes e un non adscrito ,co pasado que ainda por riba teñen todos eles, e lograr un proxecto de Futuro para o noso pobo.

blog comments powered by Disqus