sábado, 2 de enero de 2010

TENDA SOLIDARIA EN EBAY DAS NOVAS XERACIÓNS

Como cada ano, o Nadal chega ás nosas casas e a solidariedade, especialmente nestes días, nos acompaña en cada fogar.

É en datas como estas cando, con máis intensidade, nos acordamos de aqueles que sofren e precisan da nosa axuda.

Co firme propósito de que este sentimento se extenda na sociedade ao longo do ano 2010, Novas Xeracións de Galicia organiza unha subasta benéfica.

Este ano no que a crise dificulta o día a día das familias, é de especial
importancia reclamar a atención de aqueles que de forma solidaria atenden ás necesidades dos menos favorecidos.

A política é a atención aos cidadáns, esa é a súa grandeza, e isto nos esixe este ano os maiores esforzos para lograr ó menos, en Nadal, a sonrisa de aqueles que non teñen recursos, coa aspiración de que esa sonrisa se faga indefinida.

Do 2 ao 4 de xaneiro de 2010, Novas Xeracións de Galicia, organiza unha subasta solidaria a través da Internet (http://shop.ebay.es/novasxeracions/m.html), cuxos beneficios se destinarán a axudar aos Reis Magos a entregar xoguetes aos nenos e nenas máis necesitados.

Nesta subasta Novas Xeracións conta coa colaboración de Alberto Núñez Feijóo (se subasta unha cea co Presidente da Xunta en Monte Pio). Tamén o Presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy quixo aportar unha das súas corbatas e un porta puros. Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento de Galicia, cedeu o bolígrafo co que asinou o Decreto polo que se nomeou Presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo, e cada un dos Conselleiros da Xunta de Galicia puxeron o seu grao de area.

Aquí podes ver entrar o enlace da tenda en ebay das novas xeracións.

blog comments powered by Disqus