lunes, 16 de mayo de 2011

A XUNTA ANUNCIA QUE MELLORARÁ A CALIDADE DAS AUGAS NO ESTUARIO DO EUME CUN INVESTIMENTO DE PRETO DE 3 MILLÓNS DE EUROS

A Consellería de Medio Ambiente ten como obxetivo que as augas desta zona de Pontedeume poidan reclasifcarse como zona marisqueira.

O Conselleiro de Medo Ambiente explica que Augas de Galicia está a facer unha análise en profundidade da situacion actual da rede de saneamento de Pontedeume.

Entre as deficiencias detectadas destácase a antigüidade dos colectores, tramos de tubaxe con diámetros distintos ou filtracións de auga mariña na rede.


A Xunta de Galicia porá en marcha unha serie de actuacións co fin de mellorar a calidade das augas no estuario do Eume, o que implicará un investimento de preto de 3 millóns de euros. Así o avanzou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, durante unha visita ao concello de Pontedeume, onde percorreu o Feirón acompañado polo alcalde da localidade, Gabriel Torrente, e polo delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo. Explicou que con estas actuacións a Xunta pretende que as augas desta zona de Pontedeume poidan reclasificarse como zona marisqueira.

Hernández salientou que dende Augas de Galicia se está a facer un estudo exhaustivo e en profundidade da situación actual da rede de saneamento de Pontedeume, co obxetivo de detectar todas as deficencias existentes na rede.

Nesta primeira fase, as actuacións están orientadas a coñecer o sistema de saneamento e centrarse en definir a situación tanto das redes de fecais e pluviais, como das unitarias. Así, os técnicos están a realizar unha recollida exhaustiva de informacion, levantamentos topográficos e inspeccións e medicións de caudais. Desta análise sairá un diagnóstico certeiro dos problemas existentes e das causas que os orixinan.

O Conselleiro manifestou que unha vez rematada esta fase inicial proporanse actuacións que permitan solucionar ou mitigar os problemas detectados. Estas actuacións irán orientadas á busca da estanquidade dos colectores fronte ás filtracións, á interceptación dos vertidos e a súa incorporación á rede, á mellora da rede mediante a súa renovación ou a execución de novos tramos. Outras actuacións tamén estarán enfocadas cara ao incremento da capacidade de retención da propia rede, mediante a execución dun ou varios tanques de tormentas que laminen as puntas de caudal, rgulando o alivio ao medio receptor.

SITUACIÓN ACTUAL:
O estado no que se atopa a Ría de Pontedeume, no contorno do peirao de Pontedeume, non é o axeitado para poder desenvolver actividades marisqueiras. O Principal motivo son as deficiencias que presenta o sistema de saneamento, como son o mal funcionamento da rede, con presenza de filtracións de augas e puntos de vertido sen depurar ao medio receptor.

Con respecto á rede de saneamento, as dificultades que entraña este estudio son varias: a existencia de colectores no casco histórico de Pontedeume feitos de mampostería, que fan probabl a existencia de filtracións; a presenza de tramos de tubaxe de distintos diámetros; a entrada de auga de mar a través dos colectores; e a existencia de varios puntos de vertido detectados nas inspeccións periódicas que se realizan dentro o Plan de Control de Vertidos, que está a desenvolver Augas de Galicia.

No tocante ás instalacións de depuración, a existente na actualidade sitúase en Centroña (E.D.A.R. de Cabanas - Pontedeume). De forma xenérica, pódese considerar que a capacidade desta EDAR e aceptable para a poboación á que dá servizo. Sen embargo, a existencia de filtracións de augas mariñas á rede de saneamento, detectadas pola elevada salinidade rexistrada, incrementan notablemente o caudal afluente á instalación, polo que motivan un funcionamento anómalo do seu reactor biolóxico.

blog comments powered by Disqus