María Seoane en Pontedeume
Onte Martes 31 de Xullo do 2007, produciuse a visita a noso pobo da nosa Presidenta das Novas Xeracións de Galicia,María Seoane, o acto tamén contou coa presencia de José Ángel Rodríguez Prieto (Secretario executivo de política territorial do PP de Galicia) e de Pedro Blanco(Vicesecretario xeral do PPdeG).
Queremos darlle dende aquí as Gracias por todo o interése que mostraron dende que empezou a nosa andadura das Novas Xeracións de Pontedeume e agradecerlle todo o seu apoio e axuda en todo momento.
María comprobou de primeira man, como estabamos a funcionar dende o noso grupo, os nosos proxectos de futuro para a xuventude Eumesa e Galega,as iniciativas e actividades previstas a corto plazo.
Alegrouse pola alta actividade que presentaba a nosa web e quedaronse gratamente sorprendidos polos videos feitos das pasadas elección municipais.
Tanto María, Pedro coma Jose Ángel, explicaronnos os ámbitos de actuación de cara un fúturo próximo e acordamos colaborar estreitamente tanto a nivel comarcal como autonómico.
Por último onte tamén acordouse a celebración dende a Xunta Local a celebración do I Congreso das Novas Xeracións de Pontedeume, éste terá lugar o vindeiro día 13 de Agosto, Luns.
Esperamos que todos os afiliados e simpatizantes acudades para elexir a Corporación Local e para tratar os Plans de actuación do Grupo.
Discurso Novas Xeracións
0 comentarios:
Publicar un comentario