miércoles, 26 de septiembre de 2007

100 Días da Nova Corporación



Dende as nnxx, pensamos que poderíamos facer unha valoración do traballo feito pola nova Corporación Municipal, poderíamos dicir tódalas cousas que desde o noso punto de vista cambiaron na sociedade eumesa dende as pasadas eleccións, poderíamos facelo...
Pero cremos que son os Eumeses os que tedes que dicir si estades contentos co cambio, si vedes as cousas iguais que antes, queremos que nos digades todo o que según o voso punto de vista está mal e o que non se está a facer e todas esas cousas que han mellorado.

Dende aquí soamente imos a decir unha cousa, que nos encanta escoitarvos e que todo o que nos comentades é tido en conta, así que animarvos a opinar.

Polo BEN de todos.

Actualización : Xa podes valorar na nova enquisa á Corporación Municipal.

0 comentarios: