Resultados Enquisa Festas das Peras
A enquisa, referida acerca das pasadas Festas das Peras, nos amosa que os internautas que nos deixaron o seu voto, danlle un aprobado raspado a esta edición das Festas das Peras.
Se ben, podese ver a través do cuestionario cales foron as facetas nas que se acertou de pleno e cales nas que se ten que mellorar enormemente de cara o ano que ben.
Dos 42 votos recibidos, A limpeza e os Aparcamentos, foron as menos valoradas.
Todos puidemos ver que os operarios de limpeza non deron a basto coa gran afluenza de xente que houbo nestes días.
Sen embargo, o problema dos aparcamentos dende aqui creemos que non foi tal, posto que a habilitación das zonas de embaixo do Ponte da Autopista, nunca estiveron completas, polo que Aparcamento habíano, eso Sí, non no Centro do pobo.
Algo como é normal e lóxico en calquer pobo galego cando se encontran en festas.
O pregón xunto co programa de Actividades foron os mellores valorados, dende aqui felicitamos a Comisión de Festas e o Concello por que unhas Eumesas de pro como as Faltriqueiras, nos deleitaran co seu repertorio dende o balcón municipal.
Pouco máis que dicir, tan só que agardamos que as festas do ano que ven sexan ainda mellores, estamos seguros de isto.
Felicidades a Comisión por o gran traballo realizado e a toda a xente que colaborou con tan pouco tempo como tiñan para sacar adiante unhas boas festas.
2 comentarios:
as festas estiveron ben, agardemos que o ano que ven sexan un chisco mellor e así ir mellorando ano a ano e resolvendo problemas como os citados do aparcamento e a limpeza.
O resultado que mais me sorprende da enquisa que fixéstedes, foi o valor tan alto que acadou a limpeza, pois eu sigo a decir que se poido facer moito mais sobor de todo o ter contratado por parte do concello a unha empresa privada como reforzo no verán, e se por un casual non chegase, non sei cal sería o custo do alquiler dunha máquina de limpeza de rúas, pero sería un tema a ter en conta nun futuro inclusive para os domingos. Poido estar equivocado, pero penso que os que votaron ese apartado eran porque non son de Pontedeume.
Unha aperta.
Publicar un comentario