domingo, 23 de septiembre de 2007

¿¿ Apoyáis un Referémdum ??



Estos son algunos de los últimos acontecimientos ocurridos:

07/09/07 La alcaldesa de Lizarza (Guipúzcoa), Regina Otaola es amenazada de muerte por izar la bandera española, en su ayuntamiento.

11/09/07 En la celebración de la Diada de Cataluña, varios miembros de partidos políticos son amenazados, el partido popular llega incluso a sufrir amenazas de muerte por parte de un candidato de ERC.

20/09/07 El líder de Ciutatans de Cataluña, recibe amenazas de muerte, una imagen con una bala clavada en su frente es recibida en su casa.

21/09/07 Las Juventudes de Ezquerra Republicana, queman varios retratos en Girona de los Reyes de España y piden en una manifestación, la retirada de la bandera de España del Ayuntamiento de Barcelona.


Estos son algunos de los cientos de incidentes ocurridos los últimos meses en España.

¿Qué pretenden estas personas?

¿Quieren a través del miedo imponer sus ideas, nos quieren amedrentar a aquellos que defendemos la paz y la libertad?

Pues así, van por muy mal camino, afortunadamente somos la mayoría de españoles los que estamos orgullosos de sentirnos gallegos, vascos, catalanes, Madrileños… y españoles.


Dejaros de Amenazas, de no dejar a la población expresar su opinión por miedo a represalias.

Queréis la Independencia, pues hagamos un Referéndum y una vez hecho, aceptar la decisión apoyada por la mayoría de Españoles, y si no la Aceptan, pues adelante, váyanse ustedes, abandonen este país del que no se sienten miembros y déjennos vivir en PAZ.

Es triste ver como quieren imponer sus ideas y sin embargo después lloran por un pedazo del trozo del PIB del Estado Español.
Qué es eso de llamar al Castellano Lengua Foránea, Qué es eso de los Países Catalanes…
¿Creéis que los barceloneses no quieren ver a su equipo jugar la Liga Española?

Vamos a dejarnos de tonterías, que el Gobierno castigue a aquellos que no cumplen la ley, que castigue la violencia y la persecución y si quieren la Independencia, pues adelante, vayamos todos los españoles a las urnas, a decidir nuestro futuro y una vez escogido, vamos a respetarnos todos y a convivir en PAZ.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

o independentista catalán pertencía a Endevant, non a Esquerra Republicana, un partido que cada vez ten menos de independentista e de esquerdista, por certo...
O rei é unha figura obsoleta posto na xefatura do estado por un rexime fascista e ilegal; que fagan ese referendum pola continuidade da monarquía, a ver que pasa...
o de "hagamos un referendum" que ti dis leva dúas lexislaturas propoñéndoo o lehendakari e o único que recibiu foi negativas e incluso ameaza de cárcere se o levaba a cabo.
Non sei que dicirche, pois a túa opínión está totalmente alienada e condicionada polos medios informativos do estado "defensores de la libertad"; trata de ollar as cousas dende outra perspectiva, ler outras publicacións e xulgar por ti mesmo cun carácter máis crítico; verás que non todo é branco ou negro e que todo o mundo ten a súa parte de razón.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Mensaxe para ROI XORDO:

Punto número 1: Endevant, ERC, Terra Llivre... os mesmos cans con diferentes cadeas. Ríxense polos mesmos ideais: un odio visceral cara todo o que soe a español, unha intolerancia cara formas de pensar diferentes á súa e unha política de exclusión das persoas que non se axusten ao perfil de "bo catalanista". Doutra forma non é entendible que Endevant leve a cabo accións filoterroristas ou directamente terroristas que violan a legalidade e que dende partidos como ERC se intente minimizar tal violación.

Punto número 2: Actualmente e con case que 30 anos de Constitución, non é sostible que Rei é unha figura posta por un réxime fascista e ilegal. O sería entre o 75 e o 78, pero non despois. É unha figura posta por unha Constitución democrática consensuada entre a maioria de forzas políticas con representación parlamentaria e votada afirmativamente polo pobo nun referendum ¿É posible máis lexitimidade? O resto son ensoñacións e delirios que intentan desprestixiar a figura do monarca e da institución mediante un menoscabo da súa lexitimidade.

Punto número 3: O lehendakari, o que non pode facer é cuestionar o concepto de soberanía nacional mediante a figura dun referendo autonómico que pretenda a secesión unilateral dunha parte do Estado español sen o consentimento da institución na que está representada a soberanía nacional: o Parlamento. E se fai o contrario, terase que ater as consecuencias xurídicas da sua acción, o igual que tódolos españois. Incluso ó cárcere.

Punto número 4: Aplícate o conto de ver as cousas dende outro punto de vista. Son evidentes os teus prexuizos cara os medios informativos que non teñen unha visión da realidade política actual igual que a túa, cara os medios "defensores de la libertad" como ti os chamas, nunha linguaxe máis propia dun progresismo oportunista e rancio que das fórmulas dialécticas empregadas tradicionalmente pola dereita. É dicir, estás a criticar a suposta mediatización dunha visión da realidade política dende outra posición de mediatización igual que a que criticas, pero no outro extremo.

Un saudo.

Anónimo dijo...

Resposta a anónimo:
Punto 1: non dixen que Endevant fose mellor, peor, máis guapos ou máis feos que ERC, só que quen queimou a imaxe do rei non era de Esquerra (partido por outra parte que non é do meu gosto); o de que son os mesmos cans cos mesmos colares ou calificalos de filoterroristas é unha actitude tan respetábel coma subxetiva, permíteme a min tamén ser subxetivo cando penso que PSOE, PP, BNG, etc, non son máis que extremidades distintas (non cabezas) dun mesmo monstro asulagador; por certo, non é por defender a Esquerra (xa che dixen que non eran santos da miña devoción) pero os seus dirixentes reciben anualmente os apupos independentistas na diada dende fai uns cantos anos.
2º punto: o rei foi nomeado como xefe de Estado por un rexime fascista e ilegal, é unha institución totalmente rancia e anacrónica, vestixio dun tempo onde o poder temporal emanaba de Deus; non houbo un referéndum específico para lexitimala, senón que se fixo dentro do da Constitución, consulta onde só poideron participar aqueles habitantes do Estado Español maiores de 58 anos, polo que unha inmensa maioría de nos nada poido decidir ao respecto.
Punto nº3: eu non defendín nin ataquei a postura do lehendakari, somentes contestei á pregunta do administrador, el preguntou si estariamos de acordo cun referendum de autodeterminación e eu resposteille que iso xa o leva propoñendo Ibarretxe dende hai dúas lexislaturas; só a modo de recordatorio mencionar que o dereito de autodeterminación dos povos está amparado pola ONU, e que o que comprendemos e lexitimamos para Quebec, Sahara, Palestina ou Montenegro, negámolo para Euskadi ou Cataluña; iso é unha hipocresía.
Punto 4º: para nada son evidentes os meus prexuizos para ningún medio de comunicación en concreto; ao mellor pensas (xa que me calificas de "progre", jajaja, sen comentarios) que son un ávido lector do País e ointe da SER, e que me refería tan só ao Mundo ou a Cadena COPE; nada máis lonxe da realidade, amigo anónimo; todos e cada un dos medios de comunicación do Estado Español en particular e da globalizada sociedade capitalista en xeral son vasalos dalgún poder económico ou empresarial que os participa nos seus accionariados; eu recomendaba (e penso que non era un mal consello) unha lectura comparativa dos mesmos, o achegamento a medios de expresión alonxados das redes clientelares do poder (internet é unha grande arma nese senso), e a formación a través da análise persoal dunha opinión propia, independente e non alienada. Pero claro, sei que aquelas persoas acomodadas nesta zona morna da xeografía mundial todo isto lles soa a repichocas románticas e algaradas bolcheviques, e outros simplemente con aplicar, ¿como era? "as fórmulas dialécticas empregadas tradicionalmente pola dereita". A dialéctica da dereita neste país xa a coñecemos todos.
Un saudo e grazas por contestar, isto semellaba un camposanto.