lunes, 24 de septiembre de 2007

Inicio do programa “Preescolar na casa - Educar en familia” curso 07-08


Dende a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Ensino do Concello de Pontedeume invítase a tódolos pais e nais que teñen fillos e fillas entre 0 e 3 anos a participar na reunión de presentación do programa Preescolar na casa – Educar en familia.

¿Que é “Preescolar na casa”?
“Preescolar na casa” é un programa de formación de pais totalmente gratuito sobre a Educación Infantil, no que os profesionais da educación traballamos xunto coas familias que teñen nenos de 0 a 6 anos.

¿Que obxectivos ten “Preescolar na casa”?
- Que os pais sexan auténticos protagonistas á hora de mellora-la educación dos seus fillos con métodos sinxelos.
- Que os nenos desenvolvan as súas capacidades no medio familiar durante os primeiros anos da súa vida.
- Que pais e fillos manteñan contacto con outros nenos e adultos.

Para isto “Preescolar na casa” fai reunións quincenais nas que se propoñen actividades moi prácticas para a vida cotiá, nas que participan os pais cos seus fillos xunto coa mestra-orientadora; e nas que tamén se tratan cuestións básicas de hábitos dos nenos: a alimentación, o sono, a hixiene,etc, apoiadas por diversos medios educativos.

Para infomar a tódalas familias da zona máis polo miúdo de cales son os obxectivos e as actividades que se desenvolven, vanse celebrar dúas xuntanzas:

Lugar: Centro Municipal de Maiores. Pontedeume
Data: 27 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.

Lugar: CEIP Boebre.
Data: 26 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.

Máis información: Servizos Sociais Concello de Pontedeume.

0 comentarios: