martes, 9 de octubre de 2007

Valoración da Corporación Local




En primer lugar, agradecer a todos os que deixachedes a vosa opinión e as vosas valoracións nesta última enquisa celebrada, Gracias.

Como podedes ver na imaxe, segundo a mostra da poboación eumesa que votou, a Nova Corporación Local aproba cun Ben Alto.
Nos gustaría que esa nota fora o reflexo de moita máis xente, para que esta enquisa tivera verdadeira credibilidade.
O que sí nos alegramos moito é de que a xente notara un cambio de rumbo, con respecto a cercanía, a transparencia, o traballo.

De todas formas, os resultados e os comentarios feitos, animannos moito pra seguir traballando igual ou máis duro si cabe.

Sabemos que ainda é moi pouco tempo para facer unha valoración realmente obxetiva con datos na man, sabemos tamén que hai moitos problemas por arranxar, Limpeza,Aparcamentos, Botellón, Gardería Infantil, Ampliación Porto, Apertura da páxina web,Aceras,Alcantarillado, moitos e moitos problemas que tanto nos afectan a tódolos eumeses.
O que si sabemos é que con traballo, gañas e coa axuda e colaboración de todos faremos de Pontedeume un lugar mellor.

Volvemos a repetir e non nos cansaremos, que queremos escoitarvos, queremos as tuas suxerencias, as tuas queixas, éste é o Goberno de Pontedeume, o VOSO GOBERNO.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

vai servir a enquisa da comida para plantexar unha festa gastronómica na vila?

Anónimo dijo...

Pesoalmente si pensades que fixechedes algo a estas alturas vamos mal, de verdade.

Anónimo dijo...

pois peor vamos si os de antes pensan que en 20 anos fixeron algo... minto algo fixeron... roubar!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Non che sei se roubaron, pero vou deixar unha recua de cousas que os actuais non fixeron, polo que creo quédalles marxen para empeorar de carallo.

1)Plan urbán pifia.
2)Paseo marítimo abandoado
3)Almecéns de Raxoi e liorta de carallo cas familias propietarias.
4)Calles levantadas e feitas unha merda.
5)Camiños sen asfaltar
6)Non hai aceras por ningún lado excepto polos seus chaletes.
7)Saneamentos e servicio de basura insuficentes e deteriorados.
8)parada de autobús sen permisos
9)Taxis ocupando prazas
10)Falta de regulamento para os negocios e as terrazas
11)parroquias lonxanas e descoidadas.
12)Non hai papeleiras, faltan farolas, o xardín da pena.
13)Vivendas ilegais por onde mires e visitas dos nosos gobernantes anteriores aos xuzgados para aclarar as licencias dos seus amiguiños.
etc etc etc.

¿Queda marxe ou non para facelo fatal?

Anónimo dijo...

Non estou metendo nesta festa á corporacion anterior que xa sabemos de sobras o que fixeron e non fixeron, por eso decidimos largalos do concello. Ao que me refiro é que non encontro sentido a esta encuesta, menos despois de pouco mais dde 100 dias da entrada, e menos cos nulos resultados obtidos, persoalmente penso que é un tomadura de pelo, e unha falta de respeto ao persoal empezar a facer campañas de propaganda gratuita como esta. Cando o concello resolva esas deficiencias que todos coñececemos sobradamente: limpeza,Aparcamentos, Botellón, Gardería Infantil, Ampliación Porto, Apertura da páxina web,Aceras,Alcantarillado,cementerio de Breamo, plaza da Viagra, bache na curva do Torreón, casco histórico, plan xeral, demolición de ilegalidades urbanisticas, conseguir un goberno estable dunha vez, un goberno que poida aprobar os presupostos do ano que ven, moitos e moitos problemas que tanto nos afectan a tódolos eumeses como alguen puxo por ahí, problemas que a estas alturas non se ven resoltos en absoluto. Entón que valora a xente?, o cambio de caras, eso xa o decidimos o pasado de maio, o resto esta por facer.

Cando teñades resoltos polo menos o 50% desta lista, enton si que parecerame correcto facer encuestas, mentras non é mais que faltarlle ao respeto aos veciños. Esta é a verdade.

Anónimo dijo...

debeis pensar que en tan poco tiempo pueden remendar todo lo malo que hicieron lo anteriores gobernantes a este pueblo??? si te das cuenta, toda esa lista que pusiste ahí es todo lo que el anterior gobierno no hizo y eso que tubo 20 años para poder hacerlo :P

Anónimo dijo...

censores de comentarios. Non sei para que facemos os comentarios, máis da metade cápanos

Anónimo dijo...

Creo que tiñades que facer unha nova enquisa: ¿Qué opinan os eumeses sobre a bandeira no Torreón e no balcón do Concello? Non sei quen é peor, se os vosos dirixentes de Madrid ou a baixa clase política (léase alcaldes, concelleiros e militantes). En fin...

Anónimo dijo...

Pois ¿Que queres que opine un eumés, por tanto galego e por tanto español de que se coloque en edificios municipais a bandeira de España, é dicir, a bandeira oficial do Estado ó que pertencemos, no día da festa Nacional? Pois que é un xesto de absoluta normalidade democrática e é de felicitarse de que na nosa vila se poida colocar a bandeira española en edificios oficiais sen que por iso se teñan que organizar disturbios.
Gustame tanto que se coloque a bandeira española no torreon e no balcón do concello o 12 de outubro como ver por tódalas rúas da nosa vila un sinfín de bandeiras de Galicia o día 25 de Xullo. Por que son as dúas iguais de oficiais e eu, persolamnete, síntome tan orgulloso dunha como da outra.
Son xestos de normalidade democrática e, ben pensado e á vista do que ocorre noutros lugares, e como para sentirse orgullosos do que temos.
E si non che gusta que o día da Festa Nacional ondee a bandeira española en sitios como o torreon, podes ir vivir as illas Seychelles .... que alí seguro que non a poñen.
Nada máis. Un saúdo.

Anónimo dijo...

sacade xa o trapo ese que colocastes no torreón, que xa rematou o "día de la raza", e se vai permanecer ahí de xeito perenne ao menos cumpride coa lei de símbolos e poñede tamén a galega;

Anónimo dijo...

e que dicides da entrevista da Voz a Mayor Oreja? non ten desperdicio:

-¿Por qué le cuesta tanto al PP condenar el franquismo?
-Porque eso forma parte de la historia de España. Yo no lo he condenado, yo elogio y alabo la transición democrática. ¿Cómo voy a condenar lo que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?
-Por esa misma lógica, tampoco condenará el nazismo o el estalinismo, porque muchos alemanes y soviéticos los apoyaron.
-En la guerra hubo dos bandos y en el nazismo solo uno.
-En el franquismo solo hubo un bando que reprimía.
-También hubo dos, porque el franquismo fue la consecuencia de una Guerra Civil en la que hubo dos bandos. No es lo mismo que el régimen nazi, donde había un solo verdugo.
-Entonces, dejando al margen la Ley de la Memoria Histórica, ¿no considera pertinente condenar el franquismo?
-No, por muchas razones. ¿Por qué voy a tener que condenar yo el franquismo si hubo muchas familias que lo vivieron con naturalidad y normalidad? En mi tierra vasca hubo unos mitos infinitos. Fue mucho peor la guerra que el franquismo. Algunos dicen que las persecuciones en los pueblos vascos fueron terribles, pero no debieron serlo tanto cuando todos los guardias civiles gallegos pedían ir al País Vasco. Era una situación de extraordinaria placidez. Dejemos las disquisiciones sobre el franquismo a los historiadores.

e pregunto eu, baixo este mesmo razoamento poderiase dicir: ¿Cómo voy a condenar a ETA,lo que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de vascos?
ao PP, entre banderitas e Mayores Orejas, cada vez se lle ve máis o plumeiro (se é que algunha vez o tiveron agachado)
Un saudo.