sábado, 3 de noviembre de 2007

Eumesfera 1.0



Estamos de noraboa, segue a crecer o nacemento de páxinas web eumesas.

Eumesfera 1.0 é a primeira versión dun pequeno proxecto de xuntar nun só sitio web todas as novidades aparecidas na Rede sobre a nosa vila. O primeiro paso non é máis que un agregador de rss’s dos sitios eumeses más representativos na Internet.


Isto que quere dicir, que demostra que os eumeses estamos preocupados polo que nos rodea, polo noso pobo, estamos na vanguardia da web 2.0

Desde aquí queremoslle dar as gracias a esa xente que moitos coñecemos como o Administrador de Pontedeume.org, creador da xa tan famosa Eumesfera, a xente de CQPRO, responsables da páxina de Pontedeume Online e a todos aqueles que poñen o seu gran de area para facer chegar todo o que sucede no noso pobo.

O único que se bota en falta é a páxina web oficial do Concello, ter un canle máis próxima entre os Eumeses e o seu Concello, poder axilizar xestión, pagar tasas municipais, poder ver a relación de ofertas de traballo...

Dende aquí podemos adiantar que para o vindeiro ano, os presupostos contarán cunha partida destinada a creacción da páxina web e outra para a creacción dunha oficina de atención o cidadán. Tan pronto teñamos máis novas sobre este tema, aquí vos manteremos informados.

0 comentarios: