domingo, 4 de noviembre de 2007

NOITES VACIAS EUMESAS




Dende fai uns anos ata hoxe, todos podemos comprobar en que quedaron aquelas noites eumesas nas que Pontedeume era a referencia da xuventude a hora de escoller un lugar para sair de marcha.

O noso Pobo e único, a oferta de bares e pubs de copas é dificilmente inigualable por calquer poboación galega.

¿ Qué é o que sucede entón para que as noites do Sabado presenten a partires do mes de Setembro o aspecto vacio e triste que todos podemos apreciar ?

Nun primer momento pelexas e disputas entre pandillas, fixo que moita xente que viña todolos Sabados, escolleran por sair por outros lares.

Como pasa con todo na vida, os lugares de marcha soen ser por épocas, e podemos dicir que Pontedeume vivíu a súa epoca dorada é que agora lle toca a outros pobos.
Poderíamos dicilo pero, pensamos que NON, que Pontedeume ten que ser unha referencia das noites de marcha.

Pensamos que temos que impulsar e dinamizar a oferta dos nosos bares de marcha.

Dende aquí propoñemos unha idea, que faremos chegar o Concello e máis os propietarios dos bares. Unha proposta, a cal queremos que opinedes sobre ela, si vos parece ben, mal ou quizás unha simple estupidez.

Pensamos que, que mellor maneira de facer que os nosos bares presente un mellor aspecto, as nosas calles un maior colorido que facer que entre todos aqueles que apoiaran a proposta, se creasen uns Bonos de Festa nocturna.

A xuventude fai botellón principalmente por unha primeira razón, o aforro.

¿ Qué pasaría si, en lugar de xuntar entre varios cartos para facer botellón, compraran un bono en calquer dos bares asociados de Pontedeume?

Podería haber varios bonos, se crearían segundo a idade, ou segundo as consumicións que se desexara tomar.
Para favorecer a tódolos bares por igual, en cada bar asociado a idea, só de podería tomar unha consumición e así facer que tódolos bares presentasen un bó aspecto de xente.

Tan só é unha proposta, tan só e unha idea, creemos que con isto os efectos negativos do botellón poderían disminuir, pensamos que con esto se podería lograr un aumento dos visitantes de novo a Pontedeume.

Tan só é un primer paso, axudarnos a dar moitos máis sempre xuntos.

NOTA: Fotolog botellón Limpio

Nova páxina a que esperamos, teña un gran éxito

3 comentarios:

Anónimo dijo...

home, como dí o refrán "hai que fiar moi fino" nestes temas, non vaia ser que acusen ao concello de fomentar o consumo de alcohol entre a mocidade

Anónimo dijo...

O camiño vai errado, porque non se tenta organizar actividades paralelas que non consistan en consumo de alcohol. Posiblemente os bares ou agora o botellon sexan a unica maneira de reunirse xa que non hai outras alternativas. O concello debería traballar en programas culturais, en outros concellos fanse actividades e a xente vai, Pontedeume sempre coxeuo desto e parece que ninguén quere poñer remedio a esto.

Anónimo dijo...

¿Non sera o botellon unha forma de beber os menores,xa que nos bares non lles poden servir alcohol?.