viernes, 1 de febrero de 2008

Novas Placas

Todos os eumeses poderemos ver dende hoxe 3 novas placas sitas nas prazas máis representativas da nosa Vila, a Praza Real a Praza do Pan e a Praza do Conde.

As tres placas contan cunha lenda na que pon o seguinte:



A primitiva Pobra contaba con esta praza coñecida como Maior ou Principal, que foi ampliada en 1617, aproveitando o incendio de 1607, nela celébranse 12 Ferias e 12 Mercados. Por contrario coa Rúa Real, recibe o mesmo nome. A raíz de pasar a vila o señorio dos Andrade denominase Praza do Rollo.
No 1613 recibe o nome Constitución, que alterna cos nomes de Real, Maior, Rollo e do consistorio.
Por acordo municipal de xullo de 1989 retorna a chamarse Real, despois de denominarse desde 1937, Praza de Calvo Sotelo.



Espazo dedicado dende a primitiva Pobra (1270), sobre o incendio de 1607. No 1713 é unha praza baleira, onde se construirá o Alfoli ou Almacén da Sal. No 1849, no lugar dos alfoli, construirase un lugar coñecido como praza do Pan, que foi derribado no 1840. Ó ano seguinte e por acordo municipal de 19 de Maio e declarando espazo público novo edificable, co nome de praza dos Voluntarios.
Por acordo municipal de 14 de Xullo de 1989 retornará a súa anterior denominación.
O seu aspecto actual obedece a Intervención realizada no ano 1984 polo escultor J. Díaz Fuentes, que inclúe a escultura de bronce da muller moldeando o pan.



Praza do Conde

Nome que procede de ser un espazo propiedade dos Andrade, utilizado dende os tempos de Fernando de Andrade, Conde de Vilalba. No 1670 constrúese a fonte do Pilón e no ano 1954 a Praza do Mercado, razón pola que tamén recibe o devandito nome.
Foi ampliada e urbanizada coa desaparición do Pazo dos Andrade no 1936, tras ser denominada dende 1931 como Praza da República, retorna a súa denominación primitiva.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¡QUE CHORRADA! si limpiarais el pueblo que está echo una mierda.

Anónimo dijo...

Saber la Historia de tu pueblo es una chorrada, te valía más leer algún libro para culturizarte un poco.

Anónimo dijo...

Ya conozco la historia de mí pueblo
por eso me parece una chorrada, tengo todos los libros con la historia. Lo que me da vergüenza es como está mi pueblo de mierda hasta las orejas...

Anónimo dijo...

por unha vez alguen amosa algunha sensibilidade cultural,despois das "bestas"que nos gobernaron durante tantos anos que se por eles fora destruirían o Torreón e os almacens e construirían no seu lugar edificios,por certo vai sendo hora que o oso e o xavarín que están na entrada do pueblo expostos as inclemencias do tempo.e a que calquera camión os destrocen cambien de sitio xa que son moi antigos

Anónimo dijo...

o que ti queiras, pero a vila segue chea de merda...