PONTEDEUME NON MERECE ESTA OPOSICIÓN
O equipo de goberno do Concello de Pontedeume quere anunciar que o pleno non aprobou a ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social, o que suporá que estas axudas se seguirán dando de xeito irregular ós veciños do concello que o soliciten, como se facía ata o intento de aprobación da ordenanza.
Queremos aclarar que o que se pretendía con esta ordenanza era a regulación dunhas axudas que se viñan dando dende hai moito tempo polo concello ós eumeses de xeito irregular e que era un trámite que se debería ter feito dende hai moito tempo.
Parece ser que a oposición quere que se siga traballando dun xeito pouco claro nos aspectos económicos, como ocurría ata hai seis meses.
A argumentación da oposición para non aprobar esta ordenanza era que se diminuían as axudas e que non se debía dar limosna, cando as cifras non minten e está claro que nos orzamentos aprobados semanas atrás, se incrementou a partida para concesión de axudas de emerxencia social nun 500%.
Se en 2006 se investiu en emerxencia social case 4.500 € e en 2007 preto dos 5.500 €, en 2008 temos a posibilidade de invertir neste tipo de accións a cantidade de 28.000 €.
Que aclaren daquela cómo se daban antes máis axudas con moitos menos cartos. Se é así, ¿de onde saía este diñeiro?
A Sra. Cascallar argumentou que non era unha ordenanaza consensuada cos técnicos do Departamento de Servicios Sociais (cando foron eles os que a redactaron integramente), que se daban vales de 70€ mensuais que non constan na contabilidade do concello e continuou falando de polos (moi na liña do seu partido, que fala de coellos), doutros concellos que nada teñen que ver con Pontedeume e cuxos orzamentos moito menos ainda,falou de céntimos de axuda por día, cando unha axuda de emerxencia trata de paliar necesidades puntuais dunha familia,
...o que indica que non tiña nin idea do que estaba a falar, nin da realidade da que tanto presumía coñecer. Sería bó que cando voten en contra saiban a qué lle están dicindo NON, non vaia ser que lles pidan a dimisión.
A Sra. Souto, do BNG, non argumentou nada, únicamente se apoiou nos argumentos de “Mari Cascallares” e que quería tres comisións informativas-a 50 euros cada unha delas-, porque ela non era técnico e non comprendía moi ben o que se estaba a falar.
Lamentamos a oposición destructiva dos partidos da oposición e o máis sangrante son os casos dos señores Agras, que cambiou o voto desdecíndose do que tiña defendido na comisión informativa, e Gª Sande, cuxa argumentación se baseou nunha integración laboral en FOREMDES que nada ten que ver coa ordenanza que se estaba a debatir.
Porque con esta postura de desgaste ao equipo de goberno o único que conseguen é perxudicar ó pobo de Pontedeume. Por iso instamos de novo, como xa fixemos no pleno, a que os concelleiros que votaron en contra, se centren no que realmente importa, neste caso, no regulamento dunha inversión social para casos de emerxencia que ía beneficiar ó Concello de Pontedeume e á xente que se atopa en situacións máis precarias.
7 comentarios:
PSOE, BNG, Chacho e Sande INSOLIDARIOS. Só miran polo seu (especialmente Fernandiño). Se procurasen facer as cousas ben en vez de pedir dimisións millor sería
Este pueblo siempre dando la nota. Lo que hace falta aqui es un gobierno fuerte con mayoria absoluta, para gobernar para el pueblo y no para chacho and company.
Quien con niños se acuestas, meado se levanta... esto pasa por tener en la corporación a jetas presuntamente independientes (me refiero a los partidos municipalistas) que salvo honrosas excepciones, están en política para llenarse los bolsillos y que, cuando no lo consiguen, solo les queda el recurso de la pataleta y de aliarse hasta con su peor enemigo con tal de vengarse del que un dia creyeron amigo y complice y que hoy se les aparece como el más fiero de los enemigos.
Pero a estos "amigos" de lo público, todos los tenemos calados y tarde o temprano, pagarán con sus puestos su incompetencia y su falta de decoro político. Porque se puede entender a PSOE y BNG en su labor de oposición. Inlcuso, si em apuran un poco, a Chacho, pero a ti, antaño estimado Fernando, hay muchas personas en este pueblo que no te perdonarán el que despues del 27 M, viraras tu discurso y ahora, despojado de todo poder y despechado, contribuyas a hacer mas dificil la gobernabilidad de Pontedeume.
Ya tenemos un nuevo Chacho:
¡¡¡¡ Larga vida al caciquismo !!!!
Te recuerdo que lo que está pasando en el COE también pasa en los partidos grandes.(COJO MANTECA PP al PSOE).No solo pasa en partidos "municipalistas". SANDE DIMITE EL PUEBLO NO TE ADMITE.NO MAS COJOS MANTECA....
A oposición que fixechedes vos (e dicir ningunha e ainda encima palmaditas no ombro a o goberno) si que foi de pena,agora en agradecemento os "vosos Amigos"fan unha oposición salvaje,pois mirade o tedes merecido
BEL poco te queda.
las ayudas de emergencia no se aprovaron por insolidarias,nada tiene que ver lo que se presupuesta con lo que luego se gasta.ademas llevan tres meses sin darlas.que no sean demagojicos.si al gobierno municipal le interesasen realmente las ayudas y las personas que las reciven no tendria incinveniente en hablar del tema con el resto de grupos para que todos hicieran sus aportaciones.recordar que estais en minoria!!! y que nada se pierde por dalogar!!!dejaros de demagojia!!!
Publicar un comentario