sábado, 5 de abril de 2008

Axudas por fillos menores de 3 anos



A AA.VV "A VILA" informa dende a súa páxina que xa saliu a prestación económica da XUNTA, de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos.

As condicións e as bases podedelas obter premendo no seguinte enlace:
bases axudas

En canto ao Lugar e prazo para a presentación de solicitudes cabe tér en conta.
1. O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. A presentación da solicitude poderase facer, á elección da persoa solicitante, por vía escrita ou por Vía telemática:

Vía telemática:
Se se posue un certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

Vía escrita:
A solicitude mais a documentación requirida presentaranse no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

0 comentarios: