ROSALÍA ILUSTRADA
A exposición Rosalia Ilustrada intégrase nun programa de exposicións didácticas organizadas polo Servicio Educativo da Fundación Caixa Galicia.
Tratáse dunha recopilación de vintecinco poemas de Rosalía ilustrados por distintos debuxantes. Todos eles son importantes ilustradores de recoñecido prestixio tanto en Galicia como fóra de aquí, e aportan un complemento gráfico para a mellor comprensión dos poemas escollidos.
Follas novas, Cantares Gallegos e En las Orillas del Sar son os traballos representados nesta colorida mostra que pretende crear unha simbiosis entre verso e imaxen, idea que surde debido á escasa iconografía da autora.
Os artistas que participaron neste proxecto son:
Xaquín Marín, Xosé Cobas, Fran JAraba, Nacho Hortas, Ánxeles Ferrer, Suso Cubeiro, María Fe Quesada, Manuel Uhía, Miguel Anxo Prado, Pepe Carreiro, Xan López Dominguez, Fausto, Norberto Fernández, Fran Bueno, JAcobo Fernández, Andrés Meixide, Kiko da Silva, Pablo Otero Peixe, Primitivos Marcos, Miguel Robledo, Fernando Iglesias, Federico Fernández Alonso, Óscar Villán, Fino Lorenzo y Raquel González.
EXPOSICIÓN
Datas: Do 8 ata o 27 Abril
Lugar: Casa da Cultura de Pontedeume
Horario: Luns a Venres de 19:00 a 21:00 h.
Inauguración: Martes 8 de Abril de 2008
Hora: 12:00
Lugar: Casa da Cultura de Pontedeume
Para saber máis: rosaliadecastro.org
0 comentarios:
Publicar un comentario