17 MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS E INTERNET
Desde as nnxx de Pontedeume, pensamos que a mellor maneira de festexar o vindeiro 17 de Maio, día das Letras Galegas e Internet, é unir ámbos acontecementos en un. ¿Cómo faremos isto, vos preguntaredes?
Moi fácil, a través do Bookcrossing.
¿Qué é o Bookcrossing?
Según a Wikipedia, Bookcrossing é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os poidan recoller outros lectores, que despois farán eles o mesmo. A idea é liberar libros "na xungla" para que sean encontrados por outras persoas.
¿Qué teño que facer?
En primer lugar, o que dende as nnxx propoñemos é fomentar a cultura galega, é por isto que aquel libro que leeras en galego e que che gustaría que a xente coñecese, lle des difusión para que chegue a cantas máis persoas mellor.
O primeiro que has de facer unha vez que tes escollido o libro, é rexistralo na páxina de Bookcrossing e poñerlle unha etiqueta co código que che facilitan dende a mesma páxina.
Unha vez rexistrado o libro páxina e etiquetado, deixalo no lugar que desexes, un parque, unha plaza, un banco...
¿Qué fago si encontro un libro?
Si encontras un libro etiquetado, o primeiro que tes que facer é ir a páxina de bookcrosing e deixar unha entrada no diario dese libro
, para que a persoa que o deixou teña constancia de en qué lugar se encontra o seu libro en todo momento.
Esperamos que todo o mundo se anime, e que os escritores galegos e polo tanto a cultura galega, cheguen moi moi lonxe.