miércoles, 14 de mayo de 2008

ACTIVIDADES CONCELLO DIA LETRAS GALEGAS



Con motivo da celebración do día DAS LETRAS GALEGAS, o Servizo municipal de Deportes do concello de Pontedeume está a organizar unhas XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES en colaboración cos centros educativos e as distintas asociacións veciñais do municipio.

Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso.

Nas 3 edicións anteriores, celebrábase unha xornada de xogos, que se facía coincidir co DÍA DAS LETRAS GALEGAS ; este ano, tras as conversas mantidas entre os membros do Servizo de Deportes do concello cos docentes e dirixentes de todos os centros educativos do municipio e coas asociacións veciñais, decidiuse cambiar a forma de desenvolver esta xornada para que tanto os rapaces como os maiores teñan maior posibilidade de aprender ou lembrar a práctica destes xogos, xa que o material necesario para levalos a cabo, estará durante varios días nos centros educativos a disposición dos interesados.

CALENDARIO DAS XORNADAS DOS XOGOS POPULARES :

-14-15-16 de maio, nas escolas unitarias de : Boebre- Centroña-Ombre-Campolongo.

Durante estes días poderán ter acceso ao material aquelas asociacións de veciños que o requiran ; o material quedará depositado nas escolas.

-19-20 de maio, nos colexios : Couceiro Freijomil- Andrade- Atocha-Luis Vives

-21-22-23 de maio permanecerán nos institutos desta localidade.


Informar así mesmo a todos os interesados de que o venres 16 de maio a partir das 18 horas vai ter lugar no paseo marítimo de Pontedeume a 2ª CIRCUITADA DE BTT para nen@s de idades comprendidas entre os 6 e 16 anos de idade .

Aqueles que queiran participar na proba deben obrigatoriamente inscribirse; o prazo de inscrición rematará o mesmo día un cuarto de hora antes do inicio das probas.

blog comments powered by Disqus