domingo, 18 de mayo de 2008

¿ Pagamos todos os Galegos a Campaña Socialista en Bós Aires?



Alfonso Rueda denunciou que os carteis informativos da visita de Touriño, a Bos Aires, que comenzaron onte, inclúen o logotipo do PSOE, polo que instou a que se explique esta confusión. Rueda mostrou un destes carteis hoxe durante unha comparecencia ante os medios. Os carteis repártense estes días ás portas do centro galego na capital arxentina. A parte superior do folleto, en cor azul, informa da visita de Touriño a Bos Aires mentres que na parte inferior detállase a hora do acto que Touriño celebrou o sábado 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, en cor vermella e co logotipo do PSOE, que aparece nas catro esquinas do recadro.

Unha foto de Touriño e de Zapatero, ilustra a parte central do folleto. Ao ver este cartel, interpreto que esta viaxe de Touriño pagouno o PSOE, ironizou Rueda, e engadiu que o contrario sería difícil de entender. En todo caso......esixiu a Touriño que aclare quen pagou a viaxe. Ao seu xuízo, esta confusión permite entender tantas e tantas manipulacións políticas e vinculouna co caso da suposta axente electoral do PSOE nas pasadas municipais.

"A mentira e a farsa continúa", sentenciou.

Libertad Popular

blog comments powered by Disqus