FELICIDADES A MIGUEL E O C.N FIRRETE
Grande fin de semana do Piragüismo eumés.
O canoista do Club Naútico Firrete, logrou este Sábado debutar nunha proba internacional cun gran éxito díficil de imaxinar.
O eumés Miguel Soro fixose coa medalla de prata na Categoría de C-1 na Copa do mundo da especialidade disputado na localidade portuguesa de Crestuma.
Dende aqui desexamoslle tamén moitísima sorte nos inminentes campionatos de España de Pista que se celebrarán dentro de dúas semanas.
Por outro lado, gran éxito sen lugar a dúbidas de organización é de resultados do Firrete na 2ª regata que se organiza de estas carácterísticas en Pontedeume, donde competiron nas nosas augas os futuros campiones da especialidad.
Nesta proba a dos máis pequenos, o Firrete logrou un meritorio 3º posto por equipos e a nivel individual cabe destacar a victoria en damas, na categoría Alevin - A de Eva Painceiras.
Dende as nnxx de Pontedeume queremos darlle unha vez máis a noraboa o Firrete, o seu Presidente Ramiro Piñeiro e a tódolos seus entrenadores e piragüistas por seguir dandolle éxitos o deporte eumés.