AS DEZ PREGUNTAS SOBRE O AVE A ZAPATERO
Os galegos teñen dereito, non a saber cándo terminarán as obras do AVE en Galicia, senón cándo empezarán
1.- ¿Por qué Galicia non conta con NIN UN SO QUILOMÉTRO DE AVE ELECTRIFICADO?
2.- ¿Cómo explica o señor Zapatero que, tras case 5 anos gobernando, o único que vai poder visitar mañá son as OBRAS QUE XA PUXERA EN MARCHA O GOBERNO DO PP: o Eixe Atlántico e o AVE Santiago-Ourense?
3.- ¿Pode dicirnos o señor Zapatero CÁNTOS QUILÓMETROS DE NOVOS TRAMOS DE AVE (é dicir, aparte do Eixe Atlántico e Santiago-Ourense) INICIOU ESTE GOBERNO?
4.- ¿Por qué, dos DEZ TRAMOS que conforman a rede de alta velocidade en Galicia, SETE SE ATOPAN NA MESMA SITUACIÓN que cando chegou ao Goberno en marzo de 2004?
5.- ¿Sabe o señor Zapatero que o 75% dos case 1.000 quilómetros de AVE en Galicia aínda se atopan en estudio ou proxecto, e por tanto aínda non iniciaron as obras?
6.- Segundo os acordos parlamentarios adoptados por unanimidade en xuño de 2004, o AVE do Eixe Atlántico (A Coruña-Vigo) debería estar en servicio en 2007. ¿Por qué, a mediados de 2008, aínda hai varios tramos nos que NIN SEQUERA COMENZARON AS OBRAS?
7.- Tamén segundo eses mesmos acordos, o AVE de conexión coa Meseta (Lubián-Ourense) debería estar terminado en 2009. ¿Por qué non aproveita a súa visita mañá para COMPROBAR QUE NON HAI UN SÓ QUILÓMETRO EN OBRAS nesa conexión fundamental para toda Galicia?
8.- ¿Pode dicirnos o señor Zapatero A DÓNDE FORON A PARAR os máis de 2.000 millóns de euros que o Goberno deixou de investir en GALICIA nos últimos catro exercizos?
9.- ¿Por qué, tal e como van as cousas, Lugo e Ferrol non terán AVE e cada día é máis dubidoso que Pontevedra e Vigo vaian a ter unha conexión directa con Ourense sen ter que pasar por Santiago?
10.- ¿Por qué, contra o criterio de todos os técnicos, o sr. Zapatero insiste en dicir que o AVE chegará a Galicia en 2012? ¿Por qué ENGANA aos galegos? ¿Por qué non recoñece que, por culpa dos gobernos socialistas e ao igual que pasou coas autovías, Galicia será a ÚLTIMA Comunidade Autónoma en ter AVE?
- Xa está ben de mentir aos galegos.
- É hora de que o presidente do Goberno fale do AVE galego en serio.
- Non houbo ata agora un so encontro entre Zapatero e Touriño que trouxese boas noticias a Galicia:
- PRIMEIRA REUNIÓN.- na primeira reunión, en 2005, acordaron que o AVE do Eixe Atlántico e a autovía do Cantábrico estarían en servicio a finais da pasada lexislatura. Sen embargo, a día de hoxe aínda hai tramos sen iniciar e sabemos que a autovía non estará terminada ata 2011.
- SEGUNDA REUNIÓN.- no segundo encontro entre ambos, Zapatero dixo que habería AVE en Galicia en 2010. Pasaron tres anos desde ese día e o Goberno nin sequera pode garantir que vaia a estar operativo en 2012.
- TERCEIRA REUNIÓN.- o presidente do Goberno dixo que a Cidade da Cultura pasaría a ser un proxecto de Estado. A día de hoxe seguimos esperando que consigne algunha partida presupostaria de certa importancia para axudar ao desenvolvemento de dito proxecto.
- CUARTA REUNIÓN.- na cuarta reunión, celebrada o pasado mes de xullo, Zapatero asegurou que habería AVE en 2012. Falar é fácil pero a realidade é que se nega a impulsar sequera a subcomisión de seguimento das infraestructuras galegas. Do único que se falou foi do adianto electoral que Ferraz pretende impoñerlle a Touriño.
- Fronte a este cúmulo de despropósitos temos as propostas do PPdeG para reactivar as infraestructuras galegas:
- activar a subcomisión de seguimento das infraestructuras de Galicia cuia creación se aprobou no Congreso aínda co voto en contra dos socialistas,
- que todos os tramos do Lubián-Ourense estean en obras en 2008, e que se inicien as obras do AVE entre Ferrol e A Coruña, nos subtramos de Ferrol-Betanzos e Betanzos-Uxes, no próximo ano 2009. De igual modo, que comecen no 2009 as obras de execución da saída sur de Vigo ata a fronteira con Portugal en Tui.
- licitación conxunta de proxecto e obra dos tramos Ourense-Lugo en 2008, e Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol en 2009.
GALICIA NINGUNEADA POLO GOBERNO SOCIALISTA