domingo, 16 de noviembre de 2008

A DISCRIMINACIÓN DO BIPARTITO

O BIPARTITO GALEGO (PSOE-BNG) PROMOVE O DESPIDO DUN COLECTIVO DE 34 TRABALLADORES CON PRAZAS FIXAS EN ENTES DO SECTOR PÚBLICO, NAS FUNDACIONS PÚBLICAS

Será a primeira vez que na Xunta de Galicia se procederá ao despido de persoal que accedeu aos seus postos de traballo, en entes do sector público, tras superar unha oposición dacordo cos principios de acceso á función pública e que teñen as súas plazas en propiedade –en moitos casos- dende hai 14 anos.

DiscriminaciÓn

Get your own at Scribd or explore others: Government Europe


Os sindicatos CCOO, UGT e CIG apoian aos traballadores das Fundacións Públicas Comarcais e rexeitan a actitude maliciosa do goberno Xunta de Galicia cara a ese colectivo.

Parlamentarios do PSdG-PSOE e BNG recoñecen descaradamente aos traballadores afectados a grave discriminación á que van a ser sometidos cando se aprobe a Lei que está rematando o trámite no Parlamento de Galicia, pero neganse a garantirlles a estabilidade nos seus postos de traballo aducindo que quen manda é a Xunta de Galicia e que está pactado botar aos traballadores das Fundacións Públicas Comarcais.

Pola contra, a Xunta e o Parlamento de Galicia na mesma lei garanten a estabilidade laboral dos traballadores da Sociedade Comarcal de Galicia, tanto dos que teñen a súa praza por oposición como dos que non pasaron ningunha oposición, incluso os contratados a través de empresas privadas: Ferroser S.A. e Cristín S. L



A Conselleria do Medio Rural sempre fala da inutilidade das Fundacions Publicas Comarcais pero non dín pola contra que o Presidente de Honra de todas é o Conselleiro do Medio Rural e o Presidente Executivo é o Director Xeral de Desenvolvemento Rural e que a competencia do Plan de Comarcalizaión lévana exercendo eles nestos 4 anos sendo súa a responsabilidade dos éxitos ou fracasos destes entes públicos.



A Xunta de Galicia pretende trasladar a súa responsabilidade aos mais de 200 concellos que forman parte dos Padroados das Fundacións Comarcais, cando quen as creou, financiou, sacou as prazas do persoal, seleccionou ao persoal e o contratou foi o órgano competente da Xunta de Galicia, nos últimos 4 anos a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

blog comments powered by Disqus