FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL III
OUTRAS CUESTIONS DE INTERESE:
1. ¿QUÉ SE ENTENDE POR “ DESEMPREGO ”?
A definición ven clarexada na disposición adicional segunda: Situación legal de desemprego.
1. Para os efectos do previsto nos artigos 5.2.b).3,
9.2 e 9.3 do presente Real Decreto-lei, só computaranse os contratos realizados ou por realizar con persoas que se atopen en situación legal de desemprego conforme ao previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social.
2. A contratación de desempregados a que se refire o presente Real Decreto-lei deberá facerse, preferentemente, a través dos Servizos públicos de emprego.
2. ¿PODEN AS AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS OU AS MANCOMUNIDADES PRESENTAR PROXECTOS?
Si. O modo ven explicitado na Disposición adicional terceira. Agrupacións de Municipios.
1. As mancomunidades de municipios reguladas no artigo 44 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, poderán presentar proxectos de financiación ata o importe máximo da suma das cantidades que, segundo o artigo 5.1, corresponde a cada un dos Concellos que as integran sempre que non superen o límite establecido no artigo 3.1.c).
A efectos de non superar o importe máximo indicado, as mancomunidades de municipios identificarán no momento da presentación da solicitude o custo do proxecto de cada un dos Concellos integrados na mancomunidade.
A presentación das solicitudes realizarase de acordo co previsto no artigo 5.2, substituíndo o Acordo do Concello polo acordo do órgano de goberno a quen competa a aprobación do proxecto segundo os Estatutos propios da Mancomunidade.
2. Nos mesmos termos que as Mancomunidades, as agrupacións de dous ou máis municipios constituídas para o desenvolvemento e a execución das obras contempladas neste Real Decreto-lei poderán presentar, proxectos de financiamento ata o importe máximo da suma das cantidades que corresponde a cada un dos Concellos que as integran.
A estes efectos, a solicitude será presentada por un dos Concellos e, co fin de non superar o importe máximo contemplado, identificarase no momento da presentación da solicitude o custo do proxecto de cada un dos Concellos integrados na agrupación.
A presentación das solicitudes incluirá os acordos de todos os Concellos participantes, conforme ao previsto no artigo 5.2. Ao Concello responsable da presentación da solicitude corresponderalle o cumprimento dos requisitos sobre adxudicación e xustificación das obras segundo o disposto neste Real Decreto-lei.