jueves, 11 de diciembre de 2008

FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL II

OBRAS FINANCIABLES

1. As de adecuación, rehabilitación ou mellora de contornos ou espazos públicos urbanos, así como de promoción industrial.

2. Os equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento, alumeado e telecomunicacións.

3. As de construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios e equipamentos sociais, sanitarios, funerarios, educativos, culturais e deportivos.

4. As dirixidas á protección do medio ambiente e a prevención da contaminación, as de xestión de residuos urbanos, así como as orientadas a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética.

5. As de supresión de barreiras arquitectónicas.

6. As de conservación do patrimonio municipal e protección e conservación do patrimonio histórico do municipio.

7. As de construción, adecuación, rehabilitación ou mellora da rede de abastecemento de auga potábel a domicilio e tratamento de augas residuais.

8. As dirixidas a promover a mobilidade urbana sustentable e as encamiñadas a mellorar a seguridade vial.

9. As de prevención de incendios.

10. As destinadas á promoción do turismo.

2. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS, DOS CONTRATOS E DA LICITACIÓN:

1. As obras obxecto dos contratos deben ser de nova planificación e de execución inmediata:· Obras de nova planificación: aquelas cuxa execución non estea prevista no orzamento da entidade para o ano 2009.
· Obras de execución inmediata: aquelas cuxa licitación comece antes de que transcorra un mes desde a publicación na páxina web do Ministerio de Administracións Públicas (www.map.es) da resolución de autorización para o seu financiamento polo Fondo. No caso de que a tramitación aplicable sexa a correspondente aos contratos menores, a adxudicación debe producirse dentro de igual prazo.
· ¿Se pode incluír algunha obra non executada de anos anteriores? Entendemos que si. A literalidade da norma fala do Orzamento de 2009 exclusivamente.

2. Os contratos deben ter un valor estimado inferior a 5.000.000 €, non podendo fraccionarse o seu obxecto co fin de non superar esta cantidade.

3. A licitación das obras realizarase por calqueira dos procedementos previstos na Lei de Contratos do Sector Público, aberto, restrinxido ou negociado, con ou sen publicidade, ou serán tramitadas como contrato menor.


3. PROCEDEMENTO

1. Presentación de Solicitude
Lugar de Presentación: Páxina Web Map
Prazo: Do 10 de decembro ao 24 de xaneiro
Dirixido a: Subdelegacións do Goberno

2. ¿Qué documentación haberá de levar a solicitude?
a) Modelo oficial de solicitude que se publicará nos vindeiros días.
b) Memoria explicativa do proxecto de inversión na que se especifique:
- Contido do proxecto
- Orzamento do proxecto de inversión e prazo de adxudicación previsto.
- Previsión de persoas a ocupar na execución do proxecto.
- Certificación de ser unha obra non prevista no orzamento para o ano 2009.

c) Acordo do Pleno ou da Xunta de Goberno do Concello, segundo proceda, no que se aproba o proxecto.

4. Resolución das solicitudes:

- Farano as Subdelegacións do Goberno, no prazo máximo de dez días dende a súa presentación,
- No prazo máximo de dez días seguintes, o Secretario de Estado de Cooperación Territorial ditará a resolución de autorización para o financiamento dos proxectos e ordenará a súa publicación na páxina web do Ministerio de Administracións Públicas.

5. Adxudicación de obra e Pagamento:

A. ¿Pódense executar as obras por administración?
Non. Só se pode utilizar con carácter excepcional mediante autorización do MAP, e para Concellos inferiores a 200 habitantes (o que non é o caso de Galicia.
B. Pagamento:
a. Para cobrar o 70% inicial:

Certificado do Secretario do Concello coa conformidade do Alcalde, no que se fagan constar os datos da adxudicación:
- Data na que esta se produciu
- Identidade da empresa adxudicataria
- Importe polo que se adxudica o contrato
- Número de persoas a ocupar polas empresas adxudicatarias
- Acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Este certificado será presentado vía electrónica na páxina web do MAP.
b. Para o cobro do 30% final:
Tamén se realizará a través da páxina do MAP: www.map.es,

PRAZOS
· Os Concellos deberán acreditar a realización dos investimentos e a finalización das obras durante o primeiro trimestre de 2010.
· Existe a posibilidade de prórroga de seis meses por incidencias non imputables á administración: Neste caso, a xustificación deberá presentarse dentro do mes seguinte á conclusión da citada prórroga.
· Documentación a achegar:
- Memoria de actuación acreditativa dos postos de traballo creados, con identificación dos traballadores contratados.
- Relación das certificacións de obra con:
§ Identificación do acredor e das facturas,
§ Importe
§ Porcentaxe financiado con recursos procedentes do Fondo,
§ Data de emisión, así como o acta de recepción,
§ Certificación final de obra.
- A xustificación será independente por cada unha das obras financiadas con cargo ao Fondo.


OUTRAS CUESTIÓNS REFERIDAS A CONTRATACIÓN A
REALIZAR POLOS CONCELLOS


1. Adxudicación provisional contratos: prazo máximo de 20 días naturais, contados desde que finalice o prazo de presentación de proposicións no caso de que para a adxudicación se séguese un procedemento aberto, restrinxido ou negociado con publicidade, e desde que se soliciten ofertas se o procedemento é negociado sen publicidade.

2. O prazo para elevar a definitiva a adxudicación provisional será de 5 días hábiles.

3. Nos contratos deberá asegurarse, mediante cláusula de condición especial de execución, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego.

4. Os Concellos tomarán en consideración, como criterios de adxudicación para a valoración das ofertas, indicadores relevantes da medida en que o contrato de obra contribuirá ao fomento do emprego.

5. Resolución da autorización do financiamento do proxecto: servirá de acreditación a da existencia e dispoñibilidade de creto para a execución das obras previstas.

6. Os concellos terán a obriga de abonar aos contratistas o prezo das obras dentro dos trinta días naturais seguintes á data de expedición das certificacións de obra ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización parcial ou total do contrato.

7. Os contratistas deberán aboar aos subcontratistas o prezo pactado polas prestacións cuxa realización encoméndenlles no prazo máximo de trinta días naturais, computado desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador.

8. ¿Necesitan os Contratistas clasificación?
Non nos contratos de obras de valor inferior a 350.000€.

CAUSAS DE REINTEGROS:

1. A falla de xustificación, parcial ou total, de aplicación dos recursos recibidos
2. Aquelas partidas nas que se poña de manifesto que os recursos do Fondo non se aplicaron aos fins para os que foron entregados ou que se han incumprido as condicións establecidas no real Decreto-lei.
3. A falla de colaboración que imposibilite a comprobación e o control de efectiva da aplicación dos recursos do Fondo, dará lugar a reintegro total da aportación recibida pola correspondente Entidade Local.

blog comments powered by Disqus